sígueme en Instagram siguenos en facebook siguenos en Twitter

lunes, 26 de abril de 2021

 




A semana pasada desfrutamos nas clases dos contos que o alumnado foi realizando nos días previos á celebración do día do libro. Aquí vos deixamos os enlaces para que poidades ver estas estupendas lecturas.

Que as desfrutedes!


1ºA


1ºB


1ºC


2ºA 1


2ºA 2


2ºB 1


2ºB 2


2ºC


3ºA


3ºB


3ºC


4ºA 1


4ºA 2


4ºB


4ºB ENGLISH


4ºC


5ºA 1


5ºA 2


5ºA 3


5ºB


5ºC


6ºB


6ºC



viernes, 23 de abril de 2021

Feliz día del libro!


 Feliz día del libro! Hoy pasaremos un día especial visionando cuentos en clase hechos por el alumnado, una tradición que llevamos años realizando. Anualmente nos reuníamos en nuestra preciada biblioteca y así disfrutábamos de estos cuentacuentos. Este año no será de la misma manera, pero no por eso será peor. 

Difrutad del día y felices lecturas!

Próximamente iremos colgando en este blog los cuentos de cada clase.  

martes, 22 de diciembre de 2020

Felices festas!

 De parte de toda a comunidade educativa do CEIP Pedro Barrié de la Maza queremos desexarvos unhas felices festas!




lunes, 21 de diciembre de 2020

Nadal na biblio

 Rematamos este trimestre cos libros da exposición de Nadal e amosándoos a nosa árbore chea de palabras bonitas referidas a sentimentos , desexos e ilusións sobre a que caeron 24 títulos de libros referidos a estas datas. Podedes ver estes libros na fotografía ou nos stories das nosas redes sociais. 

Que pasedes un bo Nadal con sentidiño!





jueves, 10 de diciembre de 2020

Dereitos e conmemoracións

 Hoxe, 10 de decembro  conmemórase o día dos dereitos humanos. Aproveitamos para ensinarvos estas tre novidades sobre dereitos. 



E lembramos nesta entrada outras conmemoracións que tiveron lugar nos últimos días e que podedes ver nas nosas redes sociais


20 de novembro, día internacional do neno. 


25 de novembro día contra a violencia de xénero 


Na aula virtual do departamento de orientación, colgáronse estas lecturas rebeldes para infancias libres







viernes, 4 de diciembre de 2020

3 de decembro

Conmemoración no cole do día 3 decembro, día internacional das persoas con discapacidade. Repetimos a iniciativa de ASPACE de incluirnos todos baixo o mesmo paraugas e amosamos algúns dos libros que temas na nosa biblio que nos falan das capacidades.








lunes, 30 de noviembre de 2020

Novembro, mes da ciencia en galego


 Rematamos xa mes de novembro, no que celebramos o mes da ciencia, cunha exposición sobre libros científicos. Nestas fotografías podedes apreciar libros científicos en galego, así como outros moi interesantes en lingua castelá e algunha que outra novidade. 

Bós libros para os nosos pequenos científicos!




jueves, 29 de octubre de 2020

Lecturas de medo!

 Aquí chega como cada ano o Samaín e o Halloween. Unhas datas nas que na nosa biblio énchese de terroríficas lecturas. A continuación amosamos a exposición dos libros de misterio, meigas, monstros, cabazas e moitos máis dos que dispoñemos e que de seguro farán as delicias do noso alumnado. 



lunes, 26 de octubre de 2020

Día das bibliotecas 24 de outubro

 O sábado 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas. Os alumnos de sexto cóntanvos a organización da nosa biblio que xa está lista para un uso responsable dela. 


Ademáis o venres os alumnos recibiron unha chea de sorpresas. Para que os rapaces sigan accedendo aos préstamos, cada aula recibiu unha caixa con libros axeitados á súa idade. Máis de 700 libros viaxaron dende a biblio ata as aulas. Aínda así, a biblio abre as súas portas para que todos aqueles que a necesiten a poidan usar dun xeito responsable. Boa viaxe!




jueves, 8 de octubre de 2020

Día Mundial da Dislexia

 Hoxe, 8 de outubro é o Día Mundial da Dislexia. Un trastorno que afecta a un 10% da poboación. Moitos lugares iluminaranse hoxe de azul turquesa para darlle máis visibilidade. Dende a biblio facémolo con este conto que explica aos máis pequenos en que consiste ter dislexia.