martes, 6 de marzo de 2018

SAÍDA AO PALACIO DA ÓPERA

O 22 de febreiro, os alumnos e alumnas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de primaria fumos ao Palacio da Ópera e desfrutamos do concerto didáctico "Noé, Noemí e Noemilia".
Interpretado pola "Orquesta Sinfónica de Galicia e Belén Otxotorena", contaba a historia de Noé, quen vivía no alto dunha montaña, Noemí que o facía na selva amazónica, e Noemilia a beira dun lago, a súa vida desenvolvíase tranquilamente ata que un día...

A través deste vídeo compartimos con vós a nosa experiencia:



No hay comentarios: