martes, 24 de octubre de 2017

PRESENTANDO AOS NOVOS COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Hoxe fixemos formación de usuarios cos novos colaboradores de quinto e sexto deste ano. Estivemos explicando como funciona a biblioteca,  como se clasifican os libros e cales son as súas funcións nas gardas de recreo que realizarán.
Este curso 2017/2018 temos moitos colaboradores como podedes comprobar nas seguintes fotografías. Eles mesmos fixeron os grupos en referencia á literatura, libros, autores e temáticas que lles gustan. 
Agardamos que a experiencia lles sexa enriquecedora e dámoslles as grazas por participar activamente neste proxecto do noso cole. Deixámosvos estas fotografías dos nosos rapaces e rapazas:

















No hay comentarios: