lunes, 24 de abril de 2017

Semana moi especial na BIBLIOMONDEGO!





















Na nosa biblioteca estamos de celebración esta semana, este domingo celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
e ímolo celebrar grupalmente na nosa animada biblioteca. Estades todos convidados a desfrutar con todos os nosos libros e lecturas que estamos xa amosando, algún deles están relacionados con SADA LEE, que se celebrou onte cun gran éxito, como xa sabedes e moitos participástedes.




Contamos tamén cunha pequena mostra na estantería da entrada.





Deixámosvos un interesante enlace á paxina do dia do libro.

https://www.diadellibro.eu/


martes, 4 de abril de 2017

Día Mundial da Literatura Infantil 😁




Se a semana pasada, desfrutamos dunha pequena mostra de teatro para celebrar o Día Mundial do Teatro... 

O día 2 de abril, o pasado domingo, foi o Día da Literatura Infantil e podedes desfrutar na biblio dunha pequena mostra ben coidada polo noso Maxín. 


Agardamos desfrutarades do día e podedes seguir disfrutando na nosa biblio sempre que desexedes soñar cos clásicos ou non tan clásicos. 

Deixamos o enlace do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/libro/mc/observatoriolect/redirige/destacados/2016/abril/observatorio/diaLIJ2016.html 


😁Estade ben atentos que na biblomondego andamos todo o día a rebulir!!!  😏🙌

viernes, 24 de marzo de 2017

Recomendacións de lecturas

Miguel e Estela fannos unhas recomendacións moi interesantes de dous libros que podedes atopar na nosa biblioteca.


video


lunes, 20 de marzo de 2017

Día Mundial da Poesía.



«A poesía é unha fiestra á diversidade excepcional da humanidade». 
Irina Bokova




O 21 de marzo, celébrase en todo o mundo o Día da Poesía. Nós, dende a biblioteca de Mondego preparamos unha pequena exposición e queremos adicarvos unha pequena poesía de Gloria Fuertes, na que neste ano tamén conmemoramos o seu centenario e que adicou tanta vida aos versos para a nosa infancia. 





PARA DIBUJAR UN NIÑO
HAY QUE HACERLO CON CARIÑO.
PINTARLE MUCHO FLEQUILLO
QUE ESTÉ COMIENDO UN BARQUILLO-,

MUCHAS PECAS EN LA CARA,
QUE SE NOTE QUE ES UN PILLO
-PILLO RIMA CON FLEQUILLO
Y QUIERE DECIR TRAVIESO-.

CONTINUEMOS EL DIBUJO:
REDONDA CARA DE QUESO.

COMO ES UN NIÑO DE MODA,
BEBE JARABE CON SODA.

LLEVA PANTALÓN VAQUERO
CON UN HERMOSO AGUJERO;

CAMISETA AMERICANA
Y UNA GORRITA DE PANA.

LA BOTAS, DE FUTBOLISTA
-PORQUE CHUTANDO ES UN ARTISTA-.
SE RÍE CONTINUAMENTE
PORQUE ES MUY INTELIGENTE.

DEBAJO DEL BRAZO, UN CUENTO,
POR ESO ESTÁ TAN CONTENTO.
PARA DIBUJAR UN NIÑO
HAY QUE HACERLO CON CARIÑO.

(GLORIA FUERTES)




Recomendacións de lecturas 5

Os nosos alumnos e alumnas de 2º de primaria volven a recomendarnos os seus libros. Desta vez Lucía, Ánxela e Iago fálannos de...


martes, 7 de marzo de 2017

Día Internacional da Muller Traballadora.




Con motivo de conmemorar este día, na biblioteca contades cunha exposición de obras desta temática e de autoras moi importantes e grandes defensoras deste día. 

Agardamos desfrutedes con nós. 😃












Recomendacións de Lecturas 3 e 4. Alumnos de 2º de Primaria

Iker Graña, Luis, Celia, Nicolás e Miguel Vázquez queren compartir con nós os últimos libros que leron, agardamos que vos gusten:





EXCURSIÓN AO TEATRO EN SADA

O xoves 2 de Marzo os alumnos e as alumnas de 2º e 3º de educación primaria fumos ver unha obra de teatro á Casa da Cultura de Sada, nela disfrutamos moito, fixemos maxia, cantamos e bailamos co trasno Floripondio e a mestra Tomasa Que che Pasa. Compartimos con vós a nosa experiencia:



miércoles, 15 de febrero de 2017

Que chega o ENTROIDO!



O Entroido é unha festa popular que significa “entrada” ou “comezo” da primavera e o rexurdimento da vexetación. 


O Entroido presenta certo aspecto de “mundo ao revés”, mais na biblioteca seguimos coas cousas ben ordenadiñas. Nestes días estarán a vosa disposición unha mostra na libraría da entrada de libros que tratan desta festa que en Galicia celebramos por todo o alto e no noso cole non pode ser doutro xeito. 


miércoles, 18 de enero de 2017

DÍA DA PAZ



Imos celebrar esta data de moitos xeitos e xa estamos cocendo algo moi bo todos xuntiños. 

 Asemade na bibliomondego tamén desexamos amosar unha pequena mostra de libros.