jueves, 3 de noviembre de 2016

Samaín


Dende a nosa biblioteca xa nos despedimos do Samaín. Tivemos a oportunidade de ler unha chea de historias de medo que fixeron estes días máis divertidos. O noso expositor estivo cheo de recomendacións para estes días, ademáis do noso mural que nos recomendaba as lecturas máis terroríficas para tremer de medo e inspirarnos tamén para escribir as nosas propias historias de terror. 






martes, 1 de noviembre de 2016

Recomendacións de lecturas

Estela, Pablo, Noa e Andrés contan as súas experiencias lectoras e recomendan os libros que lles engaiolaron. Desexan que vos gusten e leades e compartades con eles as vosas impresións

1ª RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS ALUMNOS/AS DE SEGUNDO

Mateo, Daniela e Marcos inician as recomendacións de lecturas do alumnado de segundo de primaria, a ver que cousas tan interesantes nos contan!