miércoles, 27 de abril de 2016

X Feira matemática

Este fin de semana os alumnos de segundo, terceiro e cuarto de primaria acudimos a décima  feira matemática, Unha estupenda experiencia!

martes, 26 de abril de 2016

Semana do libro

O sábado foi un día moi sinalado, o noso día, o día do libro! No colexio celebrámolo dun xeito moi especial, acudindo á X Feira Matemática, que moi pronto ensinaremos por aquí. Pero mentres, estamos a conmemorar este día facendo unha labor de contacontos dos maiores aos pequenos. Mostrarémosvos o resultado cando remate a semana. Polo momento aquí tedes un mural que nos lembra o porque de ler, feito por alumnos e alumnas de 3º. 







Libro de lendas populares

     Na nosa biblioteca temos unha boa nova, a incorporación dun libro moi especial ao noso arquivo. Un libro feito por alumnas e alumnos do colexio relatando diversas lendas populares. Este traballo destinado a todos os nenos e nenas de todas as etapas e cursos, foi iniciativa do noso equipo de dinamización da lingua galega, como parte do proxecto de fomento do galego. Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!