jueves, 18 de febrero de 2016

Francés no noso cole!




 Onte tivemos a sorte de que nos viñeran visitar unhas alumnas de francés do IES de Sada para contarnos uns contos clásicos nese idioma. Desta maneira os alumnos e alumnas do noso cole puideron ter unha toma de contacto con esta lingua, que como xa explicaron, poderán escoller no instituto. 


Os contos que escolleron foron Cendrillon (Cincenta) e A petite sirene (A sereíña), contos coñecidos por todos que puidemos escoitar dunha forma diferente. Moitas grazas!