lunes, 12 de diciembre de 2016

Día dos dereitos humanos

Na nosa biblio tamén temos unha exposición para conmemorar este pasado 10 de decembro, día dos dereitos humanos. Os nenos e nenas do noso cole poderán ler distintas historias referidas a estes dereitos, aos dos nenos e aos valores que deben estar presentes na nosa vida en xeral. Que os disfrutedes!







viernes, 9 de diciembre de 2016

Nadal








Xa chegou o Nadal ao noso cole e a nosa biblio non ía ser menos. Unha árbore feita dos libros que máis nos gusta preside a entrada, ademáis dunha carta dirixida aos Reis Magos na que pedimos que á volta teñamos novidades para ler ao longo do curso. 
















Ademáis temos a nosa exposición chea de libros adicados a estas datas para divertirnos, cantar algunha que outra canción ou ver películas. 







jueves, 1 de diciembre de 2016

Aniversario de Roald Dahl

Este ano que xa pronto remata é o aniversario do célebre escritor Roald Dahl. Podedes atopar algúns dos fermosos contos deste autor na nosa biblioteca.


"Os libros transportábana a novos mundos e mostráronlle personaxes extraordinarios que vivían unhas vidas excitantes" 
                                                        
                            Matilda, de Roald Dahl.

sábado, 26 de noviembre de 2016

Recomendación de lecturas

Esta vez Alexia, Paula, Elena e Gabriel achégannos a súas experiencias lectoras, esperemos que as súas verbas sobre as súas recientes lecturas esperten o desexo de gozar estes libros.

sábado, 12 de noviembre de 2016

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS 3




Desta vez son Luis, Iker Graña e Celia os que nos recomendan os seus libros. Seguro que nos encantan!


miércoles, 9 de noviembre de 2016

Recomendación de lecturas

Nesta ocasión os alumnos de terceiro: Laura, Alejandro e Alba contan as suas experiencias lectoras.

lunes, 7 de noviembre de 2016

2ª RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS ALUMNOS/AS DE SEGUNDO

Hoxe os nosos alumnos Miguel Vázquez, Miguel Salorio, Diego e Javier nos invitan a ler os seguintes libros...




Novembro mes da Ciencia

As bibliotecas adicamos este mes de novembro á Ciencia, e por iso na nosa biblio preparamos esta exposición cos libros máis interesantes que temos para sumerxirnos nalgúns dos moitísimos temas que a ciencia nos pode ensinar. Cada semana iremos renovando esta mostra con revistas, dvds e libros. Que os disfrutedes!



jueves, 3 de noviembre de 2016

Samaín


Dende a nosa biblioteca xa nos despedimos do Samaín. Tivemos a oportunidade de ler unha chea de historias de medo que fixeron estes días máis divertidos. O noso expositor estivo cheo de recomendacións para estes días, ademáis do noso mural que nos recomendaba as lecturas máis terroríficas para tremer de medo e inspirarnos tamén para escribir as nosas propias historias de terror. 






martes, 1 de noviembre de 2016

Recomendacións de lecturas

Estela, Pablo, Noa e Andrés contan as súas experiencias lectoras e recomendan os libros que lles engaiolaron. Desexan que vos gusten e leades e compartades con eles as vosas impresións

1ª RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS ALUMNOS/AS DE SEGUNDO

Mateo, Daniela e Marcos inician as recomendacións de lecturas do alumnado de segundo de primaria, a ver que cousas tan interesantes nos contan!



jueves, 27 de octubre de 2016

Arrincamos!

A mestra Raquel cos alumnos colaboradores de 5º e 6º de Primaria

      Onte foi un día especial para a nosa biblioteca. Celebrábamos coma todos os anos o día das bibliotecas e poñíamonos en marcha coas nosas novidades. Entre elas a participación dos colaboradores novos de 5º curso que xunto cos de 6º, dispuxéronse a repartir un ano máis as nosas interesantes mochilas viaxeiras. Esperamos que as disfrutedes moito, dende 6º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria. Boa viaxe!

jueves, 20 de octubre de 2016

Recomendación de lecturas

Neste vídeo recomiendan as súas lecturas favoritas: Rodrigo, Enma, Paula e Vicky. Desexamos que vos gusten

Recomendación de lecturas

Neste video recpmendan as súas lecturas favoritas: Saúl, Aldara, Celia e Sara. Desexamos que vos guste.

martes, 18 de octubre de 2016

Recomendacións de lectura.

Recomendacións de lectura realizadas polos alumnos Viky, Ana, Esther e Lidia de terceiro de primaria.

domingo, 16 de octubre de 2016

Recomendacións de lecturas

Aquí quedan as recomendacións dos libros que lle gustaron a os alumnos de terceiro  Isabel, Marta, Iria e Kenia

sábado, 8 de octubre de 2016

Vivimos en comunidade.

Made with Padlet

martes, 21 de junio de 2016

Revista escolar

Recen saidiña do forno aqui queda a nosa revista escolar.

viernes, 3 de junio de 2016

Os nosos libros favoritos





 Para rematar o curso dende o equipo de biblioteca fixemos un mural onde se reflexan

 libros, contos ou cómics que cando eramos nenos nos marcaron dalgún xeito ou fixeron que nos afeccionáramos a lectura. Por iso ten a finalidade de amosar aos nosos alumnos que nós tamén lemos e que seguimos lendo, ademáis de dar algunha idea de lectura que non coñecen para este verán. Aquí vos deixamos algunhas das partes do mural que resultou moi grande xa que estamos os 61 adultos que traballamos no centro. Esperamos que vos guste e que algún pai se senta identificado con algún libro!


domingo, 22 de mayo de 2016

Abril, mes do libro

Unha das actividades programadas na nosa biblioteca para fomentar a lectura foi poñerlle voz a alguns libros que nos gustan e compartilos con nosos compañeiros.
Algúns libros como: "O  Principiño", " D. Quixote", "Os ratos que comeron a lúa", "A que sabe a lua", "A casa da Mosca Fosca" , "As illas  Cies"  tomaron  a voz dos nenos e nenas do noso centro para deleitarnos coas súas fermosas historias.

miércoles, 27 de abril de 2016

X Feira matemática

Este fin de semana os alumnos de segundo, terceiro e cuarto de primaria acudimos a décima  feira matemática, Unha estupenda experiencia!

martes, 26 de abril de 2016

Semana do libro

O sábado foi un día moi sinalado, o noso día, o día do libro! No colexio celebrámolo dun xeito moi especial, acudindo á X Feira Matemática, que moi pronto ensinaremos por aquí. Pero mentres, estamos a conmemorar este día facendo unha labor de contacontos dos maiores aos pequenos. Mostrarémosvos o resultado cando remate a semana. Polo momento aquí tedes un mural que nos lembra o porque de ler, feito por alumnos e alumnas de 3º. 







Libro de lendas populares

     Na nosa biblioteca temos unha boa nova, a incorporación dun libro moi especial ao noso arquivo. Un libro feito por alumnas e alumnos do colexio relatando diversas lendas populares. Este traballo destinado a todos os nenos e nenas de todas as etapas e cursos, foi iniciativa do noso equipo de dinamización da lingua galega, como parte do proxecto de fomento do galego. Moitas grazas a todos e a todas pola vosa colaboración!


viernes, 22 de abril de 2016

400 aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes


Tal día coma hoxe fai 400 anos, morreu Miguel de Cervantes, e no colexio conmemoramos esta data cun mural e cunha exposición de libros da súa obra máis célebre: Don Quijote de la Mancha


Frases do libro




viernes, 15 de abril de 2016

Homenaxe a Cervantes

Unha das actividad planificada  é homenaxear a Cervantes facendo unha achega a súa obra a través do seu libro "D. Quixote", foi facer unha lectura colectiva da súa obra na nosa biblioteca.
Lecturas do terceiro ciclo Lecturas do segundo ciclo

martes, 12 de abril de 2016

Recopilación documentación sobre "O Quixote"

Taboleiro de recursos educativos sobre D,Quixote, para facer unha homenaxe a o seu autor no  400 aniversario da súa morte.

sábado, 9 de abril de 2016

O principiño

Recollida de información sobre a novela "O Principiño"

miércoles, 24 de febrero de 2016

  


    Dende a biblioteca de Mondego queremos sumarnos hoxe tamén ao recordatorio que se está a facer de Rosalía de Castro, que naceu tal día coma hoxe en 1837 en Santiago. Con esta imaxe que atopamos polas redes queremos desexarvos feliz día de Rosalía!

jueves, 18 de febrero de 2016

Francés no noso cole!




 Onte tivemos a sorte de que nos viñeran visitar unhas alumnas de francés do IES de Sada para contarnos uns contos clásicos nese idioma. Desta maneira os alumnos e alumnas do noso cole puideron ter unha toma de contacto con esta lingua, que como xa explicaron, poderán escoller no instituto. 


Os contos que escolleron foron Cendrillon (Cincenta) e A petite sirene (A sereíña), contos coñecidos por todos que puidemos escoitar dunha forma diferente. Moitas grazas!



lunes, 8 de febrero de 2016

Recomendacións de lecturas 12

Voltamos coas recomendacións de libros, ímolos descubrir da man de...


domingo, 31 de enero de 2016

Celebración do día da Paz

Celebra la vida Todos somos capitáns

martes, 5 de enero de 2016

Recomendacións de lectura