sábado, 19 de abril de 2014

Pasamento de Gabriel García Márquez

Un dos grandes escritores da literatura universal fixo o seu pasamento  en México  á idade de 87 anos. O narrador e xornalista colombiano, gañador do Nobel de Literatura no ano  1982, é o creador de obras clásicas como 'Cen anos de soidade', 'o amor nos tempos da cólera', 'O coronel non ten quen lle escriba', 'o outono do patriarca' e 'Crónica dunha morte anunciada'. Naceu en Aracataca e foi o creador dun territorio eterno chamado Macondo onde conviven imaxinación, realidade, mito, sono e desexo.    

  


Para saber máis