lunes, 1 de diciembre de 2014

Exposición documental

Cartel realizado para a exposición commemorativa 

O día 10 de decembro  foi declarado pola ONU  "día internacional do Dereitos Humanos": 
Para fomentar o seu espallamento e o respeto a os mesmos na nosa biblioteca facemos unha exposición documental sobre o tema. 

Os dereitos humanos son dereitos inherentes a todos os seres humanos, sen distinción ningunha de nacionalidade, lugar de residencia, sexo, orixe nacional ou étnica, cor, relixión, lingua, ou calquera outra condición. Todos temos os mesmos dereitos, sen discriminación ningunha. Estes dereitos están interrelacionados, son interdependentes e indivisibles.



Os dereitos humanos universais están a miúdo considerados na lei e garantidos por ela, a través dos tratados de carácter internacional.
 O dereito internacional que amparan estes dereitos humanos establece as obrigas que teñen os gobernos de tomar medidas en determinadas situacións, ou de absterse de actuar de determinada forma noutras, co fin de promover e protexer os dereitos e as liberdades fundamentais dos individuos ou grupos.

No hay comentarios: