martes, 28 de octubre de 2014

Feliz Samaín

Os antigos pobos celtas, chegado o final de Outubro, adoitaban celebrar unha gran festa para conmemorar "o final da colleita", bautizada coa palabra gaélica de Samhain. Significa, etimoloxicamente, 'o final do verán'. 
Esta festa representaba o momento do ano no que os antigos celtas almacenaban provisións para o inverno e sacrificaban animais. 
Rematábase o tempo das colleitas, e a partir de entón, os días ían ser máis curtos e as noites máis longas. 

 Os celtas crían que nesta noite de Samhain (hoxe noite de Halloween),
os espíritos dos mortos volvían visitar o mundo dos mortais. Acendían grandes cacharelas para escorrentar aos malos espíritos. 
Era a festa nocturna de benvida ao Ano Novo.
View on Flowboard -

No hay comentarios: