sábado, 20 de diciembre de 2014

Visita dos Magos.

Os reises pasaron polo noso centro, aquí quedán os mais pequeniños que entregaron os seus desexos na nosa Biblioteca.




jueves, 11 de diciembre de 2014

Chega o Nadal

O equipo de colaboradores da Biblioteca Escola, desexamos unhas Felices Festas.

lunes, 1 de diciembre de 2014

Exposición documental

Cartel realizado para a exposición commemorativa 

O día 10 de decembro  foi declarado pola ONU  "día internacional do Dereitos Humanos": 
Para fomentar o seu espallamento e o respeto a os mesmos na nosa biblioteca facemos unha exposición documental sobre o tema. 

Os dereitos humanos son dereitos inherentes a todos os seres humanos, sen distinción ningunha de nacionalidade, lugar de residencia, sexo, orixe nacional ou étnica, cor, relixión, lingua, ou calquera outra condición. Todos temos os mesmos dereitos, sen discriminación ningunha. Estes dereitos están interrelacionados, son interdependentes e indivisibles.



Os dereitos humanos universais están a miúdo considerados na lei e garantidos por ela, a través dos tratados de carácter internacional.
 O dereito internacional que amparan estes dereitos humanos establece as obrigas que teñen os gobernos de tomar medidas en determinadas situacións, ou de absterse de actuar de determinada forma noutras, co fin de promover e protexer os dereitos e as liberdades fundamentais dos individuos ou grupos.

martes, 18 de noviembre de 2014

Dereitos dos nenos

O 20 de novembro foi declarado pola ONU Día Internacional dos Dereitos  dos Nenos.  Este ano tamén cumple 50 anos Mafalda, a xenail nena creada por Quino, Mafalda faise moitas preguntas e cuestionase moitas cousas co mundo que a rodea e non soporta a inxustiza.
Igualmente aproveitamos esta dat para felicitar a unha rapaza chamada Malana Yousafzai que con só  17 anos otorgaselle o Premio Nobel da Paz. puxo as súas forzas na esixencia de dereitos civís no seu país, sometido nalgunhas rexións polos talibáns, axitando a bandeira da educación para as mulleres.

 «E estes dereitos... a respectalos, eh? Non vaia pasar como cos dez mandamentos!»



View on Flowboard - Presentation Software for iPad and Mac

martes, 28 de octubre de 2014

Feliz Samaín

Os antigos pobos celtas, chegado o final de Outubro, adoitaban celebrar unha gran festa para conmemorar "o final da colleita", bautizada coa palabra gaélica de Samhain. Significa, etimoloxicamente, 'o final do verán'. 
Esta festa representaba o momento do ano no que os antigos celtas almacenaban provisións para o inverno e sacrificaban animais. 
Rematábase o tempo das colleitas, e a partir de entón, os días ían ser máis curtos e as noites máis longas. 

 Os celtas crían que nesta noite de Samhain (hoxe noite de Halloween),
os espíritos dos mortos volvían visitar o mundo dos mortais. Acendían grandes cacharelas para escorrentar aos malos espíritos. 
Era a festa nocturna de benvida ao Ano Novo.
View on Flowboard -

jueves, 23 de octubre de 2014

Formación de Colaboradores

Celebración do día das Bibliotecas Escolares .

Para celebralo día das Bibliotecas Escolares os alumnos colaboradores recibiron unha charla informativa de Formación de Usuarios.
Esta sesión foi realizada por Alicia Barral de Dios, nai e colaboradora e asesora  da nosa biblioteca dende o seu nacemento.
Moitas grazas Alicia e Miguel pola vosa axuda e colaboración!


Parte desta celebración é o comenzo do programa "ler en familia" e as "Mochilas Viaxeiras sairon para visitar cada fogar da nosa comunidade educativa.

domingo, 19 de octubre de 2014

Organización da biblioteca

Normas básicas do funcionamento da nosa biblioteca escolar.

lunes, 13 de octubre de 2014

Inauguración da biblioteca Escolar

O día 22 de outubro, coincidindo co día internacional das Bibliotecas Escolares, realizaremos unha sesión informativa para os colaboradores que participan no coidado do noso fondo neste curso.
O obxectivo desta sesión é coñecer a orde de colección e as normas básicas de funcionamento da sala.
E comenzaremos a nova andadura deste curso, esperamos que disfrutedes  moito co placer da lectura e que gocedes neste espazo común.

viernes, 3 de octubre de 2014

Caderno de Maxín

Comenzamos un novo curso recollendo as aportacións feitas polas familias nos cadernos viaxeiros que acompañan as  "Mochilas Viaxeiras" que visitan as casas das familias da nosa comunidade educativa.
Estamos a preparar as deste ano, que comenzarán a sua andadura en breve. Desexamos  que disfrutedes de estupendos momentos lectores xuntos no voso fogar.

domingo, 14 de septiembre de 2014

Un novo curso comenza

Un novo curso comenzamos e o equipo da biblioteca comenza a súa nova andadura, e como aperitivo  queremos obsequiarvos con   esta canción de Pablo Díaz  "O libro".



domingo, 22 de junio de 2014

Revista escolar

Aquí queda a nosa revista escolar, que recolle parte da actividade da nosa comunidade educativa.

miércoles, 18 de junio de 2014

Exposición da escola dos avós

Recollemos neste video a esencia da exposición do que aprendemos e  de como era a escola dos avós cando tiñan os nosos anos.

viernes, 6 de junio de 2014

A escola dos nosos avós

Nestes días estase a celebrar no noso centro unha exposición do traballo colectivo que ten como exe central o coñecemento da vida escolar dos nosos avos.

View on Flowboard - Presentation software for iPad

sábado, 26 de abril de 2014

Letras galegas 2014

Cada 17 de maio Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.
Aqui queda unha recollida de material para achegarnos o coñecemento do homenaxeado deste ano : José María Díaz Castro, coñecido na súa terra como "Pepe do Vilariño". 
View on Flowboard - Presentation software for iPad

View on Flowboard - Presentation software for iPad

Recomendacións de lecturas.

Esta semana as recomendacións de lectura están feitas por: Miguel, Mario, Sergio e Candela.

domingo, 20 de abril de 2014

Dia do libro

O próximo día 23 de abril celebraremos "O día do libro" coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor. As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.

View on Flowboard - Presentation software for iPad

sábado, 19 de abril de 2014

Pasamento de Gabriel García Márquez

Un dos grandes escritores da literatura universal fixo o seu pasamento  en México  á idade de 87 anos. O narrador e xornalista colombiano, gañador do Nobel de Literatura no ano  1982, é o creador de obras clásicas como 'Cen anos de soidade', 'o amor nos tempos da cólera', 'O coronel non ten quen lle escriba', 'o outono do patriarca' e 'Crónica dunha morte anunciada'. Naceu en Aracataca e foi o creador dun territorio eterno chamado Macondo onde conviven imaxinación, realidade, mito, sono e desexo.    

  


Para saber máis 

martes, 8 de abril de 2014

Recomendación de lecturas

Recomendacións de lecturas realizadas por: Candela, Adrián, Diego,Victor e Martina. 

sábado, 5 de abril de 2014

Día do libro infantil



O 2 de abril, como cada ano desde 1967 celébrase o Día Internacional do Libro Infantil por coincidir coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O IBBY promueve a celebración deste día co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

jueves, 3 de abril de 2014

Día da muller

Nestes días celebramos o día da muller, e os corredores do noso centro recolleron os traballos elaborados.

jueves, 27 de marzo de 2014

Recomendación de lecturas 2

Esta semana deixam a súas suxestións de lectura: Ainoha, India, Daniel, Adam e Alejandro. Esperemos que as súas suxerencias vos agraden:

Recomendación lecturas 2 from isabelmaceira on Vimeo.

domingo, 23 de marzo de 2014

Coñecemos o mar

Para celebrar "O Día Mundial  da Auga", Beni veu a darnos unha charla sobre o mar e actividade humana que se desenvolve no seu entorno.

viernes, 21 de marzo de 2014

Recomendacións de lecturas:

Os alumnos de segundo de primaria están haciendo una serie de "Recomendacións de Lectura". Esta semana recomendan: Claudia, Ana, Martín, Hugo, Julieta,  Pablo, Samuel e  Navia. 


Lecturas from isabelmaceira on Vimeo.

domingo, 16 de marzo de 2014

Achegamos a apicultura

Os pais do alumno Marcos Cadamia Rehakola coñecedores do mundo das abellas e da apicultura acercaronse a nosa biblioteca para achegarnos o coñecemento de este engaiolante mundo.

Apicultura from isabelmaceira on Vimeo.

domingo, 9 de marzo de 2014

O Entroido

O Entroido  vén a reflectir o final do inverno e o inicio da primavera, o retorno da vida nos campos e na conciencia das xentes. É tamén o final dun tempo de abundancia, de excesos, para acceder ao tempo de expiación previo ás festividades da Pascua. 
Este ano no noso centro tivo como exe central a celebración do mundial do 2014

entroido 2014 from isabelmaceira on Vimeo.

miércoles, 19 de febrero de 2014

Celebración do día da Paz

Os nenos de Educación Infantil celebramos o día da PAZ

lunes, 10 de febrero de 2014

Día da Paz Escolar

A PAZ NO NOSO COLEXIO

  Outro ano máis celebramos no noso colexio o día da paz intentando darlle a maior importancia que podemos dentro do que as nosas tarefas nos permiten.Na biblioteca comezamos con un expositor de libros sobre a paz que os nenos poden ver cando veñen cos seus tutores e que poderan levar a partir do día trinta.
More PowerPoint presentations from biblioteca de mondego

lunes, 3 de febrero de 2014

Reflexionamos sobre a PAZ

Dentro da programación, dos actos da celebración do "día da paz",  reflexionamos e expresamos que é a PAZ e  como podemos contribuir nos para conquerila. Aquí vos deixamos unha pegada das nosas reflexions.

lunes, 20 de enero de 2014

Lembrando o Nadal

Aquí queda unha lembranza de parte da decoración e dos traballos realizados para celebrar o Nadal no noso centro.

Nadal 20131

miércoles, 15 de enero de 2014

Que viva a Paz

Unha lectura para reflexionar:

martes, 14 de enero de 2014

O globo vermello

                                                   

O globo vermello

Palma de Ouro no Festival de Canes e oscar o mellor guión original de 1956. Autor: Albert Lamorisse. Un rapaz solitario atopa un globo vermello e xuntos pasarán polas ruas de París.

martes, 7 de enero de 2014

Cantigas populares

Para alegrarnos estas datas de Nadal. Olga, unha integrante do grupo "Fuxan os Ventos" e pais e compoñentes do grupo folklorico "Qeuiroa ", fixeron un recital de cancións galegas. Aquí poderes ver un anaco de este anaco de tempo disfrutado.