miércoles, 22 de mayo de 2013

Visita de Cristina Justo


Dentro da nosa proposta,"Educar na Igualdade", tivemos a sorte de disfrutar da visita de Cristina Justo, investigadora  e axente da igualdade de oportunidades; coautora de libros como "O país dos mandóns",  " O segredo de Flora" ,  "A urna dos desexos", "Canto te quero profe", "Teño dúas casas".  Con ela reflexionamos sobre temas de actualidade, e da realidade cercana as nosas situacións afectivas e emocionais a través dos seus contos.

domingo, 19 de mayo de 2013

Campaña Mundial pola Educacion


Dende o noso centro sumamonos a inciativa da CAMPAÑA MUNDIAL DOLA EDUCACIÓN.  
A UNESCO calcula que se necesitan 1.7 millóns adicionais de docentes para conseguir que a Educación Primaria Universal sexa unha realidade no ano 2015. En total, uns 114 países teñen déficit de mestres e mestras de primaria, e só en África necesítase un millón.