martes, 2 de abril de 2013

O libro máxico

Que mellor forma de celebrar este mes de libros cantando co grupo "Migallas" o Libro Máxico.
Letra
Cando esteas aburrido
e non saibas qué facer
colle un libro, meu amigo.
todo pode suceder
Imaxínate voando nunha alfombra
Imaxínate cruzando o ancho mar
Imaxínate cun can saltando á corda
Imaxínate nunha nave espacial
Poderás ser un pirata
moi valente e moi rufián
pelexar con alimañas
e un tesouro atopar. (Bis)
Poderás ir ata Arabia
nunha alfombra a voar,
acompañado dun xenio
saudar a Alí-Babá. (Bis)
Poderás ser un pallaso
e disfrazar o teu can,
facer rir a todo o mundo
como fai o can Papán (Bis)
Poderás ir nunha nave
polo espacio sideral,
descubrir unha galaxia
e cun marciano xogar. (Bis)