lunes, 25 de febrero de 2013

A metereoloxía no noso centro

 Estes días os medios de comunicación locais fixéronse eco dunha actividade tradicional do noso centro.
O noso centro conta cunha caseta de "Estación Metereolóxica", dede hai moitos anos, unha das poucas das que quedan con persoal humano como encargado. Esta estación metereolóxica conta cun termómetro que mide as temperaturas máxima e mínima e un pluviómetro.
Esta estación depende da AEMET (Axencia estatal de Metereoloxïa). A observación é levada por colaboradores voluntarios que anotan as temperatauars máximas é mínimas e as precipitacións caídas no día anterior. Os datos son tomados tódolos días  sábados e domingo e vacacions inclusive e son enviados por correo electrónico unha vez o mes o AEMET. Estes datos serven para elaborar estatísticas; táboas, mapas etc...