viernes, 13 de diciembre de 2013

Celebración do magosto

Como é tradicional nestas datas, no noso centro celebramos o tradicional Magosto, no marco incomparable do noso souto disfrutamos ducha xornada de lecer, comendo castañas, e realizando xogos e cantando cantigas como "O vello castiñeiriño".

viernes, 6 de diciembre de 2013

Día das Bibliotecas escolares

Celebración do día das Bibliotecas Escolares 

O día 24 de outubro fixemos un acto oficial da inauguración da biblioteca para este curso, na compaña de Alicia Barral que novamente fixo unha sesión de formación de usuarios para os colaboradores da Biblioteca. 
Neste día tamén comenzamos o noso programa de "Ler en familia" coa saída das mochilas viaxeiras. Desexamoslles unha feliz estancia nos fogares da nosa comunidade educativa.


miércoles, 4 de diciembre de 2013

Arquivo histórico


Atopamos revisando o archivo histórico do NODO a inauguración do nodo centro aló polo 1972. Disfrutade reste pequeno anaco da nosa historia. 

lunes, 18 de noviembre de 2013

DEREITOS DOS NENOS

O 20 de novembro celebramos o día dos "Dereitos do Neno", para achegarnos  o coñecemento e a toma de conciencia dos nosos dereitos e deberes, no centro estánse a celebrar distintas actividades: Na biblioteca temos unha exposición do fondo documental, realizamos unha investigación co título  os "dereitos e a arte", elaboramos murais que decoran os distintos corredores do noso centro.
Podemos atopar distintas actividades lúdicas para xogar na aula  e na casa aqui

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Mochilas viaxeiras

Este ano como ven sendo habitual no noso centro saíron as "mochilas viaxeiras" cara as casas da nosa comunidade educativa, como é tradicional levan no seu interior o "Caderno de Maxín" que vos anima a deixar a pegada da vosa creatividade e valorar o contido da mesma. Aqui vos deixamous unha pequena seleción das vosas aportacións do curso pasado

viernes, 27 de septiembre de 2013

Practica o cálculo

Divertido xogo que  anima a axilizar o teu cálculo matemático, animamoste a que xogues e te divirtas un anaco "na pizzería de  Mario"

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Entrega de premios das letras galegas


Podes ver mais imaxes aquí

jueves, 27 de junio de 2013

Revista dixital escolar

Recen saídiña do forno deixamos aquí a revista dixital ">

lunes, 24 de junio de 2013

Festa do Deporte

O  venres  7 de xuño celebramos no noso centro o "Día do Deporte" a ANPA de Quintán subvencionou as camisetas, este ano de color malva, que eran o premio da participación.


miércoles, 22 de mayo de 2013

Visita de Cristina Justo


Dentro da nosa proposta,"Educar na Igualdade", tivemos a sorte de disfrutar da visita de Cristina Justo, investigadora  e axente da igualdade de oportunidades; coautora de libros como "O país dos mandóns",  " O segredo de Flora" ,  "A urna dos desexos", "Canto te quero profe", "Teño dúas casas".  Con ela reflexionamos sobre temas de actualidade, e da realidade cercana as nosas situacións afectivas e emocionais a través dos seus contos.

domingo, 19 de mayo de 2013

Campaña Mundial pola Educacion


Dende o noso centro sumamonos a inciativa da CAMPAÑA MUNDIAL DOLA EDUCACIÓN.  
A UNESCO calcula que se necesitan 1.7 millóns adicionais de docentes para conseguir que a Educación Primaria Universal sexa unha realidade no ano 2015. En total, uns 114 países teñen déficit de mestres e mestras de primaria, e só en África necesítase un millón.

martes, 7 de mayo de 2013

Celebramos o día do libro


Aquí vos queda un resume da nosa celebración do día do libro, Simplemente disfrutamos xuntos do placer de ler, interpretar, e escoitar xuntos fermosas palabras entorno a lectura.


viernes, 26 de abril de 2013

Semana do libro

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore. (Oscar a mellor cortometraxe de animación 2012) 

O fanatástico vo dos lifros de  Mr. Morris Lessmore é un fermoso corto que nos achega a lectura non só dende o punto de vista do lector, senón  dende o punto de vista do autor que deixa un anaco de si mesmo en cada creación para o disfrute dos lectores cos que desexa compartir as súas experiencias, as súas vivencias

 

miércoles, 24 de abril de 2013

Semana do libro

Programa da semana do libro

miércoles, 17 de abril de 2013

A estación metereolóxica

A cadena nacional Antena 3 fixose eco do traballo realizado no noso centro e do traballo realizado na "Estacion Metereolóxica"que depende AEMET (Axencia estatal de Metereoloxía).

Más vídeos en Antena3

domingo, 7 de abril de 2013

Mes do libro

O día 23 de abríl celebraremoso dia do libro. 
Esta efeméride ten carácter mundial. Elexiuse este dia porque no ano 1616 fixo o seu pasamento dous xeniais escritores: Cervantes e Sheaspeare. Por ser unha data simbólica a UNESCO pra rendir unha homenaxe o libro e os seus autroes, e dar folgos a todos a descubrir o placer e a maxia de lectura. 
Esta suxestión ten a súa orixe en Cataluña onde se celebra o día o día de Sant Jordi,(patrón de Cataluña e Aragón) a tradición manda regalarlle as persoas amadas un libro e unha flor.

Para reflexionar sobre a importancia da lectura e animarnos  a ser grandes lectores editamos carteis e un "manual do bo lector".

martes, 2 de abril de 2013

O libro máxico

Que mellor forma de celebrar este mes de libros cantando co grupo "Migallas" o Libro Máxico.
Letra
Cando esteas aburrido
e non saibas qué facer
colle un libro, meu amigo.
todo pode suceder
Imaxínate voando nunha alfombra
Imaxínate cruzando o ancho mar
Imaxínate cun can saltando á corda
Imaxínate nunha nave espacial
Poderás ser un pirata
moi valente e moi rufián
pelexar con alimañas
e un tesouro atopar. (Bis)
Poderás ir ata Arabia
nunha alfombra a voar,
acompañado dun xenio
saudar a Alí-Babá. (Bis)
Poderás ser un pallaso
e disfrazar o teu can,
facer rir a todo o mundo
como fai o can Papán (Bis)
Poderás ir nunha nave
polo espacio sideral,
descubrir unha galaxia
e cun marciano xogar. (Bis)

sábado, 30 de marzo de 2013

Día do libro infantil

O vindeiro 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan



Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco

 

jueves, 28 de marzo de 2013

Celebración do día da poesía

Celbración do dia da poesía cunha escolma de poemas lidos de xeito individual e grupal.

martes, 19 de marzo de 2013

Día da poesía

O día 21 foi elexido  día internacional da poesía a proposta da UNESCO dende o ano 2000, facendoo coincidir co equinoccio de primavera.
Podedes ler un bó articulo de la página "darle a la lengua"

 De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas. Por outra parte, este Día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover o ensino da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura e así sucesivamente, o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que a arte da poesía xa non se considera unha forma anticuada de arte, senón un. A UNESCO anima aos Estados Membros a tomar parte activa na celebración do Día Mundial da Poesía, tanto a nivel local como nacional, coa participación activa das Comisións Nacionais, as ONG e as institucións públicas e privadas interesadas (escolas, concellos, comunidades poéticas, museos, asociacións culturais, editoriais, autoridades locais e así sucesivamente).

 Organización das Nacións Unidas 

domingo, 17 de marzo de 2013

O club de lectura

Estés días ponse en marcha no noso centro o club de lectura "O mundo de Maxín".
 O club será coordinado pola profesora Antonia Lagares Presa. 
O libro elexido para comenzar é "O Neno Can" de Fina Casalderrey e Francisco Castro. 

jueves, 7 de marzo de 2013

Día da muller

Para celebrar o día da muller na nosa biblioteca facemos unha exposición bibligráfica que nos permita reflexionar e profundizar este tema. 
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras textiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.

lunes, 25 de febrero de 2013

A metereoloxía no noso centro

 Estes días os medios de comunicación locais fixéronse eco dunha actividade tradicional do noso centro.
O noso centro conta cunha caseta de "Estación Metereolóxica", dede hai moitos anos, unha das poucas das que quedan con persoal humano como encargado. Esta estación metereolóxica conta cun termómetro que mide as temperaturas máxima e mínima e un pluviómetro.
Esta estación depende da AEMET (Axencia estatal de Metereoloxïa). A observación é levada por colaboradores voluntarios que anotan as temperatauars máximas é mínimas e as precipitacións caídas no día anterior. Os datos son tomados tódolos días  sábados e domingo e vacacions inclusive e son enviados por correo electrónico unha vez o mes o AEMET. Estes datos serven para elaborar estatísticas; táboas, mapas etc...

martes, 12 de febrero de 2013

A festa do Entroido

A ONU ten declarado o ano 2013 "ano internacional da esfera da auga", no noso centro unímonos a esta proclama e o centro de interese do entroido foi a auga, e pese a que o dia da festa fixo a súa presencia e tivemos que celebrar a nosa festa no pavillón, pasamolo estupendamente cos nosos xogos xuntando puntiños para cambialos no escaparete por femosos regalos e sabrosas "chuches."

lunes, 4 de febrero de 2013

Celebración do día da Paz

Alumnos de ciclo medio cantaron a canción "Que canten los niños"














Alumnos de primer ciclo cantando: "Los niños queremos la paz".










Alumnos de tercer ciclo cantando "No dudaría"












Todos os alumnos de primaria xuntos cantamos " A muralla" 










jueves, 31 de enero de 2013

30 de xaneiro

Celebramos o día da Paz Escolar e non Violencia cantando xuntos  e facendo unha festa de amizade no  patio da nosa comunidade. 





Exposición documental

Para celebrar o día escolar da PAZ e non violencia escolar na Biblioteca do noso centro  temos feita  unha exposición de fondo documental para reflexionar sobre este evento que celebraremos con distintas actividades na nosa comunidade educativa.

martes, 22 de enero de 2013

Visita de Maria Menéndez Ponte

O 21 de xaneiro estivo con nos no noso centro a escritora María Menéndez Ponte, compartiu connosco o coñecemento de algúns dos persoaxes  (Pupi, Aloe, Pinchón, Lila) que ten creado para nos e que tanta simpatia levantan no noso maxin e animan as nosas tarefas diarias.

domingo, 13 de enero de 2013

CLUB DE LECTURA

Para empezar o ano con ilusión, convocamos a os alumnos de terceiro ciclo a participar no club de lectura "O mundo de maxín", podedes apuntarvos antes do día 31 de xaneiro na Biblioteca.
Podedes atopar maís información e atopar o formulario de inscripción aquí