viernes, 19 de octubre de 2012

Formación de colaboradores.

 Para celebrar a semana da Biblioteca Escolar, os alumnos colaboradores tiveron unha sesión de formación realizada por Alicia Barral,  na que aprenderon como está organizada a nosa biblioteca e o seu funcionamento, comprometéndose  a realizar a función de mantemento da colección e de axudar a os usuarios na procura da información e das lecturas que precisan.
A o remate da sesión, puxémos en marcha o  "Programa de Fomento da Lectura en Familia" sairon as mochilas viaxeiras rumbo a casa de todo o noso alumnado. 
Esperamos que teñan unha boa acollida e sementen ilusións, soños, fantasía e que produzan un incremento do afán lector da nosa comunidade educativa. 

miércoles, 17 de octubre de 2012

Caderno viaxeiro

Impórtannos moito as opinións dos alumnos e das súas familias. A partir delas intentamos mellorar ano tras ano o proxecto da Mochila Viaxeira. Aquí tedes unha selección das vosas aportacións durante o curso pasado. Animámosvos a que continuides plasmando as vosas reflexións no CADERNO VIAXEIRO.

O caderno de Maxin

A mochila viaxeira vai acompañada dun caderno no que cada quen deixa plasmada a súa idea creativa, un poema que lle gustou, un chiste para facernos rir, unha adiviña para que pensemos, un corido debuxo...
No seguinte libro podedes atopar unha selección das creacións dos nosos alumnos e alumnas durante o curso 2011/2012.
Buscade o CADERNO DO MAXÍN nas  mochilas e PARTICIPADE!