martes, 30 de octubre de 2012

O Medo na nosa biblioteca


Os antigos pobos celtas, chegado o final de Outubro, adoitaban celebrar unha gran festa para conmemorar "o final da colleita", bautizada coa palabra gaélica de Samhain. Significa etimoloxicamente 'o final do verán'. Esta festa representaba o momento do ano no que os antigos celtas almacenaban provisións para o inverno e sacrificaban animais. Rematábase o tempo das colleitas e a partir de entón os días ían ser máis curtos e as noites máis longas nas que contar e ler unha chea de historias.
Deixamos aquí unha selección de contos e cancións que podedes compartir e disfrutar 
Corre, corre cabaciña conto musicado tomado da tradición portuguesa; 
Canción do Samaín canción interpretada por Mamá Cabra. 
Fiz o colecionista de medosFiz non era coma os outros nenos: Fiz era o neno máis medorento do mundo! Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos.
Medo os meus medos; conta como se sinte un cando ten medo.  




No hay comentarios: