martes, 25 de diciembre de 2012

Nadal en primero de primaria

Os alumnos de 1º A  representan  "O CASAMENTO DO PIOLLO E A PULGA"


Os alumnos de 1º B representan o conto de "COELLIÑO BRANCO"
Os alumnos de 1ºC cantan a panxoliña "A RUNRRUN MEU NENO"


Nadal primeiro ciclo

Os alumnos de 2º A representaron a obra de Xosé Ballester COELLIÑO BRANCO, e unha panxoliña 
Os alumnos de 2º B cantaron unha panxoliña que leva por título "Os reis en bicicleta


Os alumnos de 2º C cantando a panxoliña "Xa me tardan eses reises

jueves, 20 de diciembre de 2012

Chegou o Nadal

Estes diás de advento previos as celebracións de Nadal, na nosa comunidade fixemos un concurso de felicitacións de Nadal, unha campaña de solidaridade cós mais desfavorecidos (Recollido por Cáritas de Sada) e engalanmaos os nosos espazos con creacións artísticas e literarias disfutando da maxía e os bós desexos de felicidade, amor, prosperidade e solidaridade.
Bo Nadal a todos. 

jueves, 13 de diciembre de 2012

Ler no Nadal

Chegadas estas datas de Nadal, desexamos lembrarvos que, non se vos esqueza nestas datas pasar un bó anaco de tempo disfrutando da compaña e a maxia da lectura. Nos temos feito unha pequena selección que coidamos poden ser do voso interese.
Bon Nadal
Suxestións de lectura

sábado, 17 de noviembre de 2012

Dereitos das persoas


A Asamblea Xeral das Nacións Unidas (ONU) declarou o 20 de novembro  como día "dos dereitos do neno", e o día 10 de decembro como o día dos "dereitos da humanidade"

Para celebrar ditas efemérides no noso centro temos feito unha exposición documental que nos axude a a coñecer e afondar nos nosos dereitos e deberes. 

Os  dereitos humanos son os dereitos básicos que debemos ter para ter unha vida plena. 

Tódalas persoas merecen a oportunidade de acadar o crecemento e o desenvolvemento das suas capacidades máis aló das necesidades básicas. Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos. Dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. - Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.




jueves, 8 de noviembre de 2012

O Samaín

Así vivimos o Samaín no noso centro

jueves, 1 de noviembre de 2012

Así somos

Esperemos que vos guste este video de promoción da nosa biblioteca.

martes, 30 de octubre de 2012

O Medo na nosa biblioteca


Os antigos pobos celtas, chegado o final de Outubro, adoitaban celebrar unha gran festa para conmemorar "o final da colleita", bautizada coa palabra gaélica de Samhain. Significa etimoloxicamente 'o final do verán'. Esta festa representaba o momento do ano no que os antigos celtas almacenaban provisións para o inverno e sacrificaban animais. Rematábase o tempo das colleitas e a partir de entón os días ían ser máis curtos e as noites máis longas nas que contar e ler unha chea de historias.
Deixamos aquí unha selección de contos e cancións que podedes compartir e disfrutar 
Corre, corre cabaciña conto musicado tomado da tradición portuguesa; 
Canción do Samaín canción interpretada por Mamá Cabra. 
Fiz o colecionista de medosFiz non era coma os outros nenos: Fiz era o neno máis medorento do mundo! Unha historia para favorecer a expresión de sentimentos.
Medo os meus medos; conta como se sinte un cando ten medo.  




miércoles, 24 de octubre de 2012

Día das Bibliotecas escolares

Con motivo da celebración da  semana das bibliotecas escolares, esta semana abrimos a nosa biblioteca cunha exoposición de material sobre os irmáns Grim, no seu 200 aniversario da publicación do seu libro de contos.



viernes, 19 de octubre de 2012

Formación de colaboradores.

 Para celebrar a semana da Biblioteca Escolar, os alumnos colaboradores tiveron unha sesión de formación realizada por Alicia Barral,  na que aprenderon como está organizada a nosa biblioteca e o seu funcionamento, comprometéndose  a realizar a función de mantemento da colección e de axudar a os usuarios na procura da información e das lecturas que precisan.
A o remate da sesión, puxémos en marcha o  "Programa de Fomento da Lectura en Familia" sairon as mochilas viaxeiras rumbo a casa de todo o noso alumnado. 
Esperamos que teñan unha boa acollida e sementen ilusións, soños, fantasía e que produzan un incremento do afán lector da nosa comunidade educativa. 

miércoles, 17 de octubre de 2012

Caderno viaxeiro

Impórtannos moito as opinións dos alumnos e das súas familias. A partir delas intentamos mellorar ano tras ano o proxecto da Mochila Viaxeira. Aquí tedes unha selección das vosas aportacións durante o curso pasado. Animámosvos a que continuides plasmando as vosas reflexións no CADERNO VIAXEIRO.

O caderno de Maxin

A mochila viaxeira vai acompañada dun caderno no que cada quen deixa plasmada a súa idea creativa, un poema que lle gustou, un chiste para facernos rir, unha adiviña para que pensemos, un corido debuxo...
No seguinte libro podedes atopar unha selección das creacións dos nosos alumnos e alumnas durante o curso 2011/2012.
Buscade o CADERNO DO MAXÍN nas  mochilas e PARTICIPADE!



lunes, 25 de junio de 2012

Revista escolar

Xa saiu a revista "Novas de Mondego"

jueves, 21 de junio de 2012

Festa do deporte.

Celebramos a festa do deporte, todos participamos con moita ilusión e divertímonos moito con este evento.

martes, 12 de junio de 2012

Entega de premios

Nestes días realizouse a entrega de premios do concurso celebrado con motivo das letras galegas de creacións literarias, poesía, banda deseñada e concurso de carteis celebrados no noso centro.

jueves, 31 de mayo de 2012

Patrimonio de Sada

Estes dias podemos disfrutar dunha expléndida exposición no noso centro sobre o patrimonio de Sada.

domingo, 13 de mayo de 2012

Visita de Cervantes e o Quixote

No mes do libro, recibimos unhas visitas moi especiales no noso centro:Don Miguel de Cervantes e Don Quixote achegáronos a o placer da lectura

miércoles, 2 de mayo de 2012

Celebramos o día do libro

Cartel do día do libro
Para celebar o día do libro no noso centro contamos e lemos historias  sobre o mundo dos  avós e compartímolas cos nosos compañeiros.


lunes, 30 de abril de 2012

Recomendacións de lectura

Recomendacións de lectura feitas polos alumnos de primeiro ciclo

miércoles, 18 de abril de 2012

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Recomendacións de lectura dos alumnos de primeiro ciclo

lunes, 16 de abril de 2012

Os avós fonte de sabedoría.

Guia Lecturas AbuelosEste ano é o ano Europeo da Solidadridade Interxeneracional. Con tal motivo para celebrar o día do libro, temos preparado unha guía de lecturas entorno a os avós.

jueves, 12 de abril de 2012

domingo, 8 de abril de 2012

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Algunhas das suxestións de lectura feitas por os lectores da Nosa Biblioteca

miércoles, 21 de marzo de 2012

Dia Mundial da Poesía

O 21 de marzo celebramos o día internacional da poesía.
No ano 1999 a conferencia Xeral da UNESCO nomeou este día como o día Mundia da Poesía.
Pensar na palabra como intrumento de comunicación especialmente a palabra poética e unha traballo cotidía, pero sempre é agradable lembrala en un día tan especial como este no que recibimos a primavera

martes, 6 de marzo de 2012

8 de marzo día da muller


O Día Internacional da Muller conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
Na nosa biblioteca temos feito unha exposición na que a protagonista é a muller.

domingo, 4 de marzo de 2012

A nosa creatividade

Os nenos de segundo despois de ler un conto que leva por título: "Un animal soñado" de Kakfa. Creamos unha colección de animais imaxinados e esto foi o resultado que obtivemos.

Lembranza da festa


Todavía disfrutamos coa lembranza de días tan fermosos
no que por uns momentos transformámonos en "supermans"
raiñas, princesas, fadas, meigos, zombis....
Deica o ano que ven Señor Entroido!

miércoles, 8 de febrero de 2012

O ENTROIDO


Este ano na nosa comunidade centramos o tema do ENTROIDO, nas súas celebracións na Nosa Terra.
O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .
peliqueiro de antroido
Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).

Aquí podedes atopar unha recopilación de máscaras materias para decorar o noso entroido

O entroido na nosa bisbarra é un traballo realizado polo ENDL da nosa comunidade escolar:






















Outra inteseante publicación para consultar datos sobre o entroido:

E un pequeno diccionario para non perderse nada destas datas.


sábado, 4 de febrero de 2012

Convivencia escolar

O departamento de Orientación e a comisión de Convivencia Escolar teñen editada unha guía sobre o maltrato, como detectalo e como actuar.

jueves, 2 de febrero de 2012

Paz, Celebracións

Video recordatorio das actividades realizadas no noso centro para unir as nosas pregarias pola PAZ no mundo.
Reflexionamos sobre para que precisamos a paz, cando vivimos en Paz, fixemos unha pequena homenaxe a Isaac Diaz Pardo, cantamos xuntos, aprendemos a seleccionar xoguetes...... Libros, poesías e palabras.

.

miércoles, 25 de enero de 2012

30 de xaneiro

Estamos a preparar o día da Paz, e este é parte do material que temos seleccionado para reflexionar sobre ese tema.
Vision e reflexión sobre a película Le Ballon Rouge, 1956 - Albert Lamorisse
.
Realizamos unha exposición na nosa biblioteca de fondo documental con materias sobre a PAZ, Fixemos murais nos corredores e cantamos cancións xuntos.