martes, 21 de diciembre de 2010

Nadal Solidario



Por segundo ano consecutivo o Colexio de Mondego levou a cabo a recolleita de alimentos e xoguetes usados para colaborar coas familias máis desfavorecidas do concello.Este ano,foron os propios alumnos e alumnas de 6º curso quenacordaron realizalo despois da grande solidariedade mostrada o curso pasado por parte de toda a comunidade educativa.A propia presidenta deCáritas estivo no centro o día 20 de decembro agradecendo a todos o xesto solidario do centro.

Alumnos de 6º Nivel organizadores da campaña