lunes, 14 de diciembre de 2009

Guía de lecturas de Nadal


Queridas nenas, nenos e familias:

Chegado o Nadal, tempo de lecer, encontros familiares e agasallos, as mestras e mestres da escola desexamos lembrarvos que o mellor agasallo é un libro.
Cos libros vivimos aventuras e tamén aprendemos, por iso é importante que os nosos libros respeten as diferenzas e fomenten a igualdade de dereitos e oportunidades entre nenos e nenas.
Pero, para ler non é suficiente con mercar libros, é necesario que nos acostumemos a ler todos os días, na casa, nas bibliotecas, debemos ir a contacontos, etc.
Lembra,: “Un libro é un amigo fiel”.
¡Bo Nadal e Feliz aninovo!

domingo, 13 de diciembre de 2009

Nadal e reciclaxe

Este Nadal aprendemos o lixo e a arte van xuntiños da man elaboramos un Belén con caixas, e cartóns do papel hixienico, periódicos atrasados e revistas vellas, vasos de plástico. Con moito maxín e arte obtivemos este resultado.
Tamén fixemos unha arbore con botellas de auga baleiras. O material de refugallo danos moito xogo.