martes, 28 de abril de 2009

Día do libro



O día 23 de abril co gallo do día do libro fixemos unha lectura colectiva.
Este ano, sumámonos á celebración do Ano Internacional da Astronomía con diversas actividades organizadas pola biblioteca.
Así nesta celebración o mesmo tempo que facíamos lecturas relacionadas coa astronomía dispoñiamos dun planetario viaxeiro cedido por "La Caixa" que nos achega ó mundo da Astronomia.

As lecturas colectivas tiveron pois esta temática. Os alumnos de sexto nivel disfrutaron da obra "La enorme Pequeñez de la abuela Tierra".
No ciclo medio as lecturas compartidas foron: "A fantástica viaxe de Sabela" ;
Iria e a Lúa ;El charco del principe Andreas entre otros.
Os libros compartidos no primeiro ciclo foron:"A que sabe a lúa"; herbalúa entre outros.