martes, 10 de marzo de 2009

Enterro da Sardiña e queima dos Mecos

O venres día 27 de febreiro, no colexio celebramos con grande ilusión e un anaco de tristura o "Enterro da Sardiña".
Os profes disfrazados de astrónomos, algunhas alumnas de "viuvas chormiqueiras", non faltaban a cita as autoridades eclesiásticas e moitos mais disfraces que acompañaron os "mecos" ata a grande fogueira.
Despedimos a don Entroido e damos a benvida a Dona Cuaresma

Celebración do Entroido

O día 20, por fin chegou o dia da celebración da festa que con tanto tempo levamos preparando. Elaborando disfraces, máscaras, antifaces e participando en distintos concursos co fin de engalanar o mellor posible o noso espazo.
Despois dun desfile por cursos, nos que lucimos as nosas galas, gañamos puntos nos distintos xogos tradicionais es poidemos cambialos no escaparate por lambetadas, xoguetes e material escolar.
O tema central deste ano era a Astronomia, por iso boa parte da elaboración dos disfraces estiveron adicados a este tema. E tamén tivemos un "peliqueiro" que nos fixo correr e alegrou a festa.