domingo, 25 de octubre de 2009

Celebración do día das bibliotecas escolares.




Os nosos colaboradores, firmaron o seu compromiso para todo o curso, dispoñen no taboleiro e nas titorías do seu calendario de gardas de biblioteca, recibirán o luns unha sesión de formación de usuarios no que se tratarán os seguintes puntos:
* Normas básicas de comportamento.
* A CDU na nosa biblioteca
* Organización e distribución do fondo documental na nosa biblioteca.
* Búsqueda no OPAC da nosa biblioteca
* Búsqueda no OPAC doutras bibliotecas.
O equipo da biblioteca agradécelles a súa colaboración e sabemos que cumprirán con responsabilidade o seu compromiso.

As mochilas viaxeiras
Xa saen as 7 mochilas que irán a toda primaria e a Infantil de 5 anos, nelas incluimos.
* Unha pequena mostra do noso fondo documental.
* O caderno viaxeiro, tenta recoller a creatividade da nosa comunidade, podedes escribir un conto, comentar unha noticia, facer un debuxo, un colage....
* O Caderno de maxín que recolle a documentción do material que contén a mochila, e solicita información sobre que material os gustou mais e suxerencias de mellora cara o futuro.
Estes cadernos pasan a formar parte do noso fondo documental .

No hay comentarios: