martes, 10 de marzo de 2009

Celebración do Entroido

O día 20, por fin chegou o dia da celebración da festa que con tanto tempo levamos preparando. Elaborando disfraces, máscaras, antifaces e participando en distintos concursos co fin de engalanar o mellor posible o noso espazo.
Despois dun desfile por cursos, nos que lucimos as nosas galas, gañamos puntos nos distintos xogos tradicionais es poidemos cambialos no escaparate por lambetadas, xoguetes e material escolar.
O tema central deste ano era a Astronomia, por iso boa parte da elaboración dos disfraces estiveron adicados a este tema. E tamén tivemos un "peliqueiro" que nos fixo correr e alegrou a festa.

No hay comentarios: