miércoles, 23 de diciembre de 2009

Bo Nadal

O equipo da biblioteca desexavos a todos un nadal cheo de maxin, ilusión e boas lecturas en familia

lunes, 14 de diciembre de 2009

Guía de lecturas de Nadal


Queridas nenas, nenos e familias:

Chegado o Nadal, tempo de lecer, encontros familiares e agasallos, as mestras e mestres da escola desexamos lembrarvos que o mellor agasallo é un libro.
Cos libros vivimos aventuras e tamén aprendemos, por iso é importante que os nosos libros respeten as diferenzas e fomenten a igualdade de dereitos e oportunidades entre nenos e nenas.
Pero, para ler non é suficiente con mercar libros, é necesario que nos acostumemos a ler todos os días, na casa, nas bibliotecas, debemos ir a contacontos, etc.
Lembra,: “Un libro é un amigo fiel”.
¡Bo Nadal e Feliz aninovo!

domingo, 13 de diciembre de 2009

Nadal e reciclaxe

Este Nadal aprendemos o lixo e a arte van xuntiños da man elaboramos un Belén con caixas, e cartóns do papel hixienico, periódicos atrasados e revistas vellas, vasos de plástico. Con moito maxín e arte obtivemos este resultado.
Tamén fixemos unha arbore con botellas de auga baleiras. O material de refugallo danos moito xogo.

jueves, 3 de diciembre de 2009

Un nadal solidario

Os alumnos de terceiro ciclo poñen en marcha a campaña: Compartimos os nosos xoguetes, e a operación Kilo.




O equipo de Normalización elaborou unha unidade didáctica sobre o nadal.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Educar os entimentos en igualdade e previr a violencia de xénero




Hoxe 25 de novembro celébrase o día internacional para eliminar a violencia de xénero.
Na nosa comunidade sensibilzado coa problemática social existente na sociedade,
coidamos que educar os sentimentos e valiosísima para previr a violencia de xénero.
Neste día elaboramos murales que rexeitan a violencia de xenero, fixemos unha exposición de libros na biblioteca sobre a diversidade, a tolerancia e o respeto.
e puxemos todos un laciño violeta como testemuña da nosa solidaridade con tod@dalas persoas que sufren a violencia.

sábado, 31 de octubre de 2009

Celebramos o Samaín e o Magosto

Celebramos na nosa comunidade as festas tradicionais desta estación "Samaín e Magosto"do ano cunha exposición, un obradoiro de elaboración de cabazas e unha magnífica exposición

O ENLD pasou unha unidade recopilatoria da celebración destas festas.

domingo, 25 de octubre de 2009

Celebración do día das bibliotecas escolares.




Os nosos colaboradores, firmaron o seu compromiso para todo o curso, dispoñen no taboleiro e nas titorías do seu calendario de gardas de biblioteca, recibirán o luns unha sesión de formación de usuarios no que se tratarán os seguintes puntos:
* Normas básicas de comportamento.
* A CDU na nosa biblioteca
* Organización e distribución do fondo documental na nosa biblioteca.
* Búsqueda no OPAC da nosa biblioteca
* Búsqueda no OPAC doutras bibliotecas.
O equipo da biblioteca agradécelles a súa colaboración e sabemos que cumprirán con responsabilidade o seu compromiso.

As mochilas viaxeiras
Xa saen as 7 mochilas que irán a toda primaria e a Infantil de 5 anos, nelas incluimos.
* Unha pequena mostra do noso fondo documental.
* O caderno viaxeiro, tenta recoller a creatividade da nosa comunidade, podedes escribir un conto, comentar unha noticia, facer un debuxo, un colage....
* O Caderno de maxín que recolle a documentción do material que contén a mochila, e solicita información sobre que material os gustou mais e suxerencias de mellora cara o futuro.
Estes cadernos pasan a formar parte do noso fondo documental .

viernes, 23 de octubre de 2009

Xoguemos na Igualdade.


O tema central deste ano na nosa biblioteca leva por título: Xoguemos na igualdade dende a diversidade.

lunes, 12 de octubre de 2009

A cincenta que non quería ser princesa

Un conto de paxariños

Pia e pipo atopan unha arbore vella e sen ramas na que deciden facer o seu niño.

miércoles, 15 de julio de 2009

Un fermoso vídeo

Poesía en movimiento

Pareceume realmente fermoso. Creo que e de un proxecto de fin de estudos. Atopeina na Nosa Biblioteca


I´ll kill her from Joerg Barton on Vimeo.

martes, 9 de junio de 2009

Revista escolar

Pronto teredes nas vosas máns a revista anual do noso Centro Escolar.
Velaiquí un adianto.

Caderno Viaxeiro

Durante este ano estiveron circulando as mochilas viaxeira. Todas levaban un cadarno viaxeiro no que as familias podian plasmar a súa creatividade.
Chega a hora da súa recollida, e aqui deixamos a mostra da experiencia do ano pasado.

domingo, 7 de junio de 2009

Novo libro de produción propia

Os alumnos de Educación Infantil, aportaron un novo libro sobre como traballaron o tema do Universo.
Queremos felicitalos polo fermoso que lles quedou.
¡O noso fondo de producción propia vaise incrementando!.

miércoles, 27 de mayo de 2009

Educación informacional

Uha compañeira atopou este interesante artículo na rede.
PRESENTACION PLEI PRESENTACION PLEI chelo un breve esquema de la presentación de la parte de investigacion del plan lector de Asturias (Spain)

miércoles, 13 de mayo de 2009

Día das letras galegas.

Propoñemos que vexades este video titulado Olladas sobre Ramón Piñeiro, o protagonista deste ano nas Letras Galegas.
Os nosos parabéns para profesores e alumnos da Baña e de Rois.

martes, 28 de abril de 2009

Día do libro



O día 23 de abril co gallo do día do libro fixemos unha lectura colectiva.
Este ano, sumámonos á celebración do Ano Internacional da Astronomía con diversas actividades organizadas pola biblioteca.
Así nesta celebración o mesmo tempo que facíamos lecturas relacionadas coa astronomía dispoñiamos dun planetario viaxeiro cedido por "La Caixa" que nos achega ó mundo da Astronomia.

As lecturas colectivas tiveron pois esta temática. Os alumnos de sexto nivel disfrutaron da obra "La enorme Pequeñez de la abuela Tierra".
No ciclo medio as lecturas compartidas foron: "A fantástica viaxe de Sabela" ;
Iria e a Lúa ;El charco del principe Andreas entre otros.
Os libros compartidos no primeiro ciclo foron:"A que sabe a lúa"; herbalúa entre outros.

viernes, 24 de abril de 2009

Presentación da revista a Voar


Visitaronos os alumnos e profesores do IES Isaac Díaz Pardo que viñeron a presentar a súa revista "A Voar". Os alumnos de sexto nivel fixeron moitas preguntas sobre o que nun futuro será o seu novo centro educativo e das actividades que se desenrolan nel.

miércoles, 1 de abril de 2009

Dia do libro Infantil

Este ano, o día do libro está adicado as Fábulas e os fabulistas.
Aqui queda o programa deste día:
PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA EL DIA DEL LIBRO INFANTIL – 2 DE ABRL

1- LECTURA OU REPRESENTACIÓN DE FABULAS DOS ALUMNOS DOS CURSOS SUPERIORES AOS INFERIORES, NA BIBLIOTECA:
Xoves 2
• 9:30- 6ºA conta “ el gallo el gato y el ratoncillo “ a 5ºA y 5ºB
• 10:00- 6ºB conta a 4ºC e 4ºB
• 10:30- 5ºB conta “ el lobo y el pastor “ a 4º A
• 11:00- 4ºA conta a 3º A
• 11:30 4º C conta a 3º B
• 12: 15 3º B conta a 2º B / 3º A conta a 2ºA
• 12:30 2º A conta a 1º A
• 13:00 2º B conta a 1º B
Venres 3
• 10:00 1º A e B contan a E. Infantil (5 e 4 anos ) a fábula “ El león y el ratón”
• 11:00 E. Infantil de 5 anos conta a E.Infantil de 3 anos
2- PROXECCIÓN NA SALA DE AUDIVISUAIS:
• QUE SON AS FABULAS?
• UNHA FABULA EN DEBUXOS

Os horarios das proxeccións son paralelos aos de contar as fábulas ( mentres uns escoitan a fábula na biblioteca o outro curso ve a proxección)

3- Entrega de caderno de formación de usuarios que os alumnos levaran para traballar . Entregarano co nome a semana do libro.

NOTA: os horarios son orientativos,dependendo da duración das fábulas e da organización dos cursos .
De ser posible os de 1º contaran o xoves día 2.





A Fábula do rato e e o León


.

A fábula da raposa e da cegoña

.


A lebre e a tartaruga

.

A cigarra e a formiga
.

O peixe voador



Os cans famentos


O can e o rio





Pero o mais importante e que disfrutedes destes contos universais e aprendades da sabiduría da súas sentenzas

jueves, 26 de marzo de 2009

Incorporación o fondo de producción propia

Os alumnos de Educación infantil incorporaron o fondo da nosa biblioteca, un libro elaborado por eles, Recolle a historia "Dos reises quedan sen gasolina" que foi un estreno no escenario da nosa comunidade.
Aqui podedes ver como quedou.

martes, 10 de marzo de 2009

Enterro da Sardiña e queima dos Mecos

O venres día 27 de febreiro, no colexio celebramos con grande ilusión e un anaco de tristura o "Enterro da Sardiña".
Os profes disfrazados de astrónomos, algunhas alumnas de "viuvas chormiqueiras", non faltaban a cita as autoridades eclesiásticas e moitos mais disfraces que acompañaron os "mecos" ata a grande fogueira.
Despedimos a don Entroido e damos a benvida a Dona Cuaresma

Celebración do Entroido

O día 20, por fin chegou o dia da celebración da festa que con tanto tempo levamos preparando. Elaborando disfraces, máscaras, antifaces e participando en distintos concursos co fin de engalanar o mellor posible o noso espazo.
Despois dun desfile por cursos, nos que lucimos as nosas galas, gañamos puntos nos distintos xogos tradicionais es poidemos cambialos no escaparate por lambetadas, xoguetes e material escolar.
O tema central deste ano era a Astronomia, por iso boa parte da elaboración dos disfraces estiveron adicados a este tema. E tamén tivemos un "peliqueiro" que nos fixo correr e alegrou a festa.

jueves, 19 de febrero de 2009

O Entroido





Todo está preparado para a celebración da festa do Entroido no noso centro, Moi decorado este ano o tema central é a Astronomía.
Durante estes días "O Meco" foi dando consignas que todos moi gustosos fomos realizando.
Tamén realizamos un concurso de carteis, caretas e antifaces nos que amosamos unha gran creatividade a hora de elaborar os nosos traballos, poñendollo moi dificil o xurado para a selección dos traballos premiados.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Solidarizamonos coa dor das víctimas do temporal en Cataluña


EL VIENTO, LA OSCURIDAD

- Acaba la sopa, Mario- susurró su madre.
- Ya voy mami - contestó con un hilo de voz.
Mario acabó la sopa, se despidió de sus padres y abandonó la cocina, se dirigió a su dormitorio. No quería leer, así que extendió la sábana y se durmió. Ajenos a esto sus padres se encontraban sentados en el comedor bajo el agradable calor de la chimenea.
La radio comentó el parte metereológico:
- En la parte noroeste del país, en la comunidad catalana se alcanzarán rachas de hasta 140 Km./hora, además en el sur habrá precipitaciones, las temperaturas medias llegarán a los 2 grados en la región de Murcia y a los 20 grados en el Archipiélago Canario…
- Celia, habrá que tener cuidado mañana porque se avecina un gran temporal de viento en Barcelona.
Los Padres de Mario se levantaron y se dirigieron a la habitación de su hijo. Le arroparon, le dieron un cálido beso y se despidieron un “buenas noches” casi imperceptible.
El silbido del viento se colaba por debajo de las puertas y por las rendijas de las ventanas.
Al la mañana siguiente Mario se levantó, estaba excitado por el entrenamiento de béisbol que era a las once, y ya llegaba tarde. Se lavó la cara, desayunó apresuradamente, se vistió con ropa de abrigo y abandonó la casa.

Cuando llegó al polideportivo el viento soplaba con fuerza, y un escalofrío le recorrió el cuerpo. Se sentía inquieto y no sabía por qué.
Allí estaban todos sus amigos y eso lo tranquilizó.
Comenzaron el juego y según pasaban los minutos el viento se hacía cada vez más fuerte.
Las paredes temblaban y el techo crujía.
Los niños empezaron a sentir miedo, el silbido del viento apenas dejaba oír sus voces …y de pronto el estruendo, el llanto, el horror, el frío… la oscuridad.

- Ven a tomar el café, Celia – exclamó el padre de Mario, mientras encendía la televisión para ver las noticias.
Apenas el presentador empezó el relato de sucesos del día, los ojos de los padres de Mario se llenaron de lágrimas y un grito ahogado de dolor atravesó las paredes de la casa

Darío Alonso Expósito 6º A

sábado, 7 de febrero de 2009

Celebramos o día da PAZ

Pese as inclemencias do tempo, quixemos unirnos a solicitude mundial pola PAZ. As nosas voces e os nosos murais xunguidas as de milleiros de nenos e nenas que piden vivir nun mundo en Paz



MURAIS POLA PAZ

viernes, 30 de enero de 2009

Poemas pola paz

Unha recopilación feita por outras bibliotecas

domingo, 25 de enero de 2009

Unha incorporación o fondo moi especial

O noso fondo bibliografico incorporouse un conto elaborado polos alumnos de educación infantil de 3 anos. Titúlase "Somos tartarugas".

jueves, 22 de enero de 2009

Representacións do Nadal

Los Reyes magos se quedan sin gasolina
Representación teatral dos alumnos de Educación infantil de 3 anos.


O neno perdido


Representación teatral dos alumnos de Educación Infantil de 5 anos. Adaptación dunha obra de Xelis de Toro



Radio Mondego:
Representación teatral de una emisión de radio realizada polos alumnos de terceiro ciclo.


Pandereteiras


A controversia das cores
Representación teatral dos alumnos de primeiro ciclo que trata da importancia de aceptar as diferencias



Martina y las galletas de coco




Recital poético


Ximnasia ritmica

jueves, 15 de enero de 2009

O festival de Nadal

No nadal, na nosa comunidade representamos distintas obras de teatro, bailes. Todo foi preparado con moito esforzo e moito agarimo durante moito tempo. Tamen entregamos os premios do concurso de tarxetas de Nadal.
A controversia das cores

.

Martina y las galletas de coco

O baile dos anxos