miércoles, 21 de mayo de 2008

Presentación do libro " A festa do Samaín"

Conto creado polos alumnos de Educación Infatil do noso colexio con motivo da festa tradicional, presentado na nosa comunidade escolar o día 23 de abril con motivo da celebración do día do libro.

Unha pantasma con asma.

Unha pantasma con asma, que nin asusta nin pasma. Está pálida e escuálida por non ter un cálido fogar. Godofredo, matasáns de oficio, ten que ir na Noiteboa a un pazo onde vive unha pantasma que ten asma, pero, cando o examina sabe de que en realidade o que lle pasa a pantasma non ten nada que ver coa asma, nin con ningún catarro normal.

Un conto realmente fantástico, a historia dunha pantasma triste que sufre de Soedade.
Transmite a tenrura e ensina valores elementais e necesarios como o amor e amizade.

domingo, 18 de mayo de 2008

A biblioteca o corazón da escola

Presentación elaborada e presentada por Alicia na nosa sesión formación do profesorado. Recolle a filosofía na que se asenta a nosa biblioteca.

Día das letras Galegas




Para celebrar o día das letras galegas convocamos un concurso de poesías, contos, banda deseñada e murais decorativos. Celebramos un acto conxunto no que cantamos, recitamos poesías e representamos obras de teatro

Día das letras Galegas