jueves, 10 de abril de 2008

Celebración do día do libro infantil




Con motivo da celebración do día do libro infantil e xuvenil o colexio organizou unha serie de actividades para os alumnos/as da Etapa de EDUCACIÓN INFANTIL:
1- Inaguración oficial do TREN DE MAXÍN: o tren realizado polos pais colaboradores da biblioteca escolar( Miguel e Alicia) , ten como misión cos libros desa etapa educativa viaxen dende a biblioteca ás aulas para cos nenos : lean ,miren e traballen na clase, axudando co elo ó desenrolo do seu maxín .
2- Proxección e lectura da vida e libros de ANDERSEN na biblioteca do centro , con motivo da celebración do nacemento do escritor.
3- Proxección dunha película dun conto de ANDERSEN. Cada grupo de alumnos: 5, 4 e 3 anos escolleu un conto diferente para ver: a sereniña, o parrulo feo.....
4- O remate da proxección os alumnos levaron o “TREN DE MAXIN”, cheo de libros de ANDERSEN e doutros contos clásicos, para as súas aulas.
Tódalas actividades tiveron moito éxito e os máis pequenos do colexio disfrutaron con todas elas a vez que aprenderon algo sobre o gran escritor de libros para nenos.
Este tipo de actividades realizase gracias ó traballo do equipo de bibliotecas, a colaboración do profesorado de infantil, e a indiscutible dos pais Miguel e Alicia, que asistiron a estas actividades dos máis pequenos.