viernes, 21 de marzo de 2008

O libro



É ler unha aventura. Si, como as películas do cinema, como as historias do teatro, como os sonos... En cada letra pode agacharse un ladrón que rouba para os pobres. En cada letra pode durmir unha doncela que espera montarse nun dragón e darlle oitenta voltas ao planeta. En cada letra pode cabalgar un indio que busca regresar á súa tenda para contarlle ao seu avó como os bisontes encheron a pradaría. En cada letra pode unha espía resolver o enigma máis misterioso do mundo. En cada letra pode pasar tantas cousas...

E en cada cousa ti podes xogar a ser a espía, o indio, a doncela... ou o dragón, o heroe. Porque é ler unha aventura... e un xogo. Xogar a descubrir o por que dunha alegría ou dunha tristura. Xogar a coñecer como os problemas que parecen imposibles de resolver, de pronto resólvense. Xogar a compartir o que liches, e porque o liches, tamén o soñaches, o representaches na túa mente e o gravaches na túa memoria.

Porque xogar a ler é xogar a coñecerse a un mesmo e aos demais, é xogar a ser un mesmo e outro ao mesmo tempo, é poñerse nos zapatos de tantos personaxes, que é... como viaxar. Viaxar por distintos países e paisaxes, por distintos transportes e camiños, por distintos desexos e miradas. Ler, xogar, aventurarse en cada trazo de cada letra. ¿Que hai detrás da última a da palabra "mañá"? ¿Que asoma xunto a esa e grega? Porque sen letras non hai palabras que ler nun libro. As letras, si, esas letras que dende que aprendemos os vogais no colexio, pouco a pouco e a través dos anos nos van debullando as cousas da vida

domingo, 16 de marzo de 2008

Educar