sábado, 19 de enero de 2008

A meiga Paz


RockYou FXText

Cap II “Aquí están os 6 nenos: negros, brancos e amarelos”

Aquela noite a nai e a filla pasárona nunha fermosa árbore que habia nas aforas da cidade, pero como aquel non era lugar para meigas seguiron buscando ata atopar unha torre dunha igrexa.
A meiguiña seguía medrando, seguía desgustada polo que lle fixeran as outras meigas a súa nai un día díxolle a súa nai:
- Tes que comprender mamáiña que hai meigas boas e meigas malas, elas que sigan voando nas noites tenebrosas, nos voaremos nas noites de luar.

Unha noite de gran luar a meiguiña Paz, ía voando na súa vasoira contemplando a fermosura dos campos que chegou o abrente e escoitou o doce piar dos paxaros anunciando a saída do sol cando viu uns nenos que voaban preto dela. Os nenos asustáronse e berraban:
- Unha meiga!, unha meiga!, e fuxiron
Hasta que un día decidiron acercarse a ela e preguntaronlle:
- Vostede, é unha meiga?
- Sí, amiguiños meiga nacín e non podo deixar de selo, pero se que un é mais feliz facendo o ben que facendo o mal,... procuro ser unha meiga boa..o que pasa e que, non sei ser mala.
Dende aquel día os nenos foron amigos e voaban un anaquiño xuntos. Os nenos contáronlle que eles tiñan nacido nun niño dun raro paxaro que puxera ovos de distintas cores, por eso tiñan alas e voaban.
Paz regresaba pronto a casa, para non desgustar a súa nai. Unha mañanciña dona Quica, que xa era moi velliña, morreu. Paz chorou moito e estivo acompañada polos seus amigos.
Cando estaba máis triste, chegaron ó campanario, un par de cegoñas que colleron agarimo con Paz e vivían os tres en familia; cando as cegoñas saían a buscar comida meiguiña quedaba a vixiar o niño con tres cigoñiños.

Algo preocupaba a meiga, uns estoupidos que ouvía de cando en vez, A meiguiña pensaba que eran os cazadores e sentía mágoa polos animais.
Realmente a meiga Paz estaba preocupada por eses sons, e non a deixaban pegar o ollo tranquila.



jueves, 17 de enero de 2008


RockYou FXText


A meiga. Fronte a lúa,
Foi feliz como ningunha


Pois, señor, dona Paz nacera meiga, pero ela non tiña a culpa . Dona Paz nacera nun campanario tenebroso, cheo de morcegos. De nena ensináronlle a voar nunha vasoira pequena, e a súa nai, que era unha famosa meiga chamada dona Quica díxolle un día a Paz:
- Ti sabes os nosos costumes, miña filla; non debes saír do campanario denantes da doce da noite.
- Está ben mamá: Xa sabes que eu sempre estou disposta a obedecerche.
A meiguiña endexamais saía antes de soar as doce badaladas, pois non lle gustaba moito o xenio que tiñan as compañeiras de dona Quica. De día quedábanse durmidas polos currunchos do campanario.
Os homes da cidade non as coñecían . Como as meigas voaban montadas nas súas vasoiras na noite pecha ninguén as ollara nunca.
A meiga Paz saíu unha noite na que a lúa estaba moi grande redonda e aquilo gustoulle tanto que foi a hora máis feliz da súa infancia.
As demais meigas do campanario dixéronlle a súa nai:
- Ten coidado coa filla, que gusta moito da luz da lúa, e as meigas temos que disfrutar da luz da escuridade.
Mamá Quica fala coa súa filla, é esta dille:
- Mamaíña, a min gústame moito a luz da lúa; por iso che pido que me deixes saír cando é grande e redonda.
A mamá de Paz, comprende que a súa filla ten razón.
Así foi, nas noites escuras, as doce meigas que vivían no campanario montaban na súa vasoira e saían voando dun xeito que arrepiaba oílas. Pero cando a lúa estaba chea, a meiguiña Paz, montaba na súa vasoira e gustaba de voar enriba a cidade e o campo.

A presidenta das meigas convoca unha xuntanza xeral, e díxolle a Quica:
- É intolerable o que pasa coa túa filla Paz, esa nena non parece meiga, nin o parecerá xamais.¡Debes de prohibirlle que saia nas noites de luar.
- Coido que a miña filla non fai mal a ninguén con saír as doce a ollar a lúa.
- Iso non se pode consentir- escamou a presidenta- Fora de aquí.
As outras meigas estiveron de acordo e Quica e a meiguiña Paz, recolleron as súas cousas e saíron voando nas súas vasoiras.

miércoles, 16 de enero de 2008

A meiga dona Paz


domingo, 13 de enero de 2008

Lecturas pola paz

ARMAS DO FUTURO

Con palabras.
(Quitade as espoletas
ás bombas!)
Sen pistolas.
Sen tanques e sen espadas.
Con palabras
Soamente con palabras
imos construír o mundo
do futuro
sobre un campo de rosas verdi-granas...
Sen pistolas.
Sen metralla.
Sen sangue e sen rancor
que eclipsen a bondade das miradas.
Con palabras
Nada máis que con palabras
imos levantar castelos
de ilusións
entre as nubes de douradas praias.
Sen paixóns que quebren a harmonía
das almas.
Sen odios. Sen o choro nin a morte
que deixen ao seu paso as batallas.
Sen pistolas.
Sen a tétrica voz dos canóns
para cargar de cruzamentos
os galos da diana.
(Fundiremos en cánticos de amor
continentes e razas
para construír os mundos do futuro
con palabras).
¡ Soamente con palabras!



A PEDRA DE SOPA (conto)
Nun pequeno pobo, unha muller levou unha gran sorpresa ao ver que chamara á súa porta un estraño, correctamente vestido, que lle pedía algo de comer ."Síntoo", dixo -ela-, "pero agora mesmo non teño nada na casa".
"Non se preocupe", dixo amablemente o estraño. "Teño unha pedra de sopa na miña carteira; se vostede me permitise botala nun pucheiro de auga fervendo, eu faría a máis exquisita sopa do mundo. Un pucheiro moi grande, por favor.
Á muller picoulle a curiosidade, puxo o pucheiro ao lume e foi contar o segredo da pedra de sopa ás súas veciñas. Cando a auga rompeu a ferver, toda a parroquia se reunira alí para ver a aquel estraño e a súa pedra de sopa. O estraño deixou caer a pedra na auga, logo probou unha cullerada con verdadeira deleitación e exclamou: "Deliciosa! O único que necesita é unhas cantas patacas".
"Eu teño patacas na miña cociña!", berrou unha muller. E en poucos minutos estaba de regreso cunha grande fonte de patacas peladas que foron dereitas ao pucheiro. O estraño volveu probar o brebaxe."Excelente!,dixo; e engadiu : "Se tivésemos un pouco de carne, fariamos un cocido do máis suculento.... "!
Outra ama de casa saíu zumbando e regresou cun anaco de carne que o estraño, tras aceptalo cortesmente, introduciu no pucheiro. Cando volveu probar o caldo, puxo os ollos en branco e dixo:"Ah, que saboroso! Se tivésemos unhas cantas verduras, sería perfecto, absolutamente perfecto "...
Unha das veciñas foi correndo ata a súa casa e volveu cunha cesta enchen de cebolas e cenorias. Despois de introducir as verduras no pucheiro, o estraño probou novamente o guiso e, con ton autoritario, dixo: "A sal"."Aquí tena", díxolle a dona da casa. A continuación deu orde: "Pratos para todo o mundo".La xente apresurouse a ir ás súas casas en busca de pratos. Algúns regresaron traendo mesmo pan e froitas.
Logo sentaron a gozar da espléndida comida, mentres o estraño repartía abundantes porcións da súa incrible sopa .Todos sentíanse estrañamente felices e mentres rían, charlaban e compartían por primeira vez a súa comida. No medio do alborozo, o estraño foise silenciosamente, deixando tras si a milagrosa pedra de sopa, que eles poderían usar sempre que quixesen facer a máis deliciosa sopa do mundo