viernes, 31 de octubre de 2008

A GALIÑA DEBAIXO DO CASTIÑEIRO

Unha vez era unha galiña que estaba debaixo dun castiñeiro, e caeulle un ourizo na cacholiña. Comezou a correr, e topouse co galo.

-¡Marche de aí, don Galo!, que cae o mundo a anacos.
-¿Quén cho dixo, dona Galiña?
-¡Caeume na miña cacholiña!.
E marchou

Chegou onde a lebre, e díxolle:
-¡Marche de aí, dona Lebre!,que cae o mundo a anacos.
-¿Quén cho dixo, dona Galiña?
-¡Caeume na miña cacholiña!.
E Marchou,

Chegou onde a raposa:
-¡Marche de aí, dona Raposa!,que cae o mundo a anacos.
-¿Quén cho dixo, dona Galiña?
-¡Caeume na miña cacholiña!.
-¡Si cae o mundo a anacos, eu quero ir ben fartiña! .
E papou a faladora galiña..
(Conto popular)

No hay comentarios: