miércoles, 21 de mayo de 2008

Unha pantasma con asma.

Unha pantasma con asma, que nin asusta nin pasma. Está pálida e escuálida por non ter un cálido fogar. Godofredo, matasáns de oficio, ten que ir na Noiteboa a un pazo onde vive unha pantasma que ten asma, pero, cando o examina sabe de que en realidade o que lle pasa a pantasma non ten nada que ver coa asma, nin con ningún catarro normal.

Un conto realmente fantástico, a historia dunha pantasma triste que sufre de Soedade.
Transmite a tenrura e ensina valores elementais e necesarios como o amor e amizade.

No hay comentarios: