miércoles, 12 de marzo de 2008

Miramos o ceo

Os nenos de educación infantil de 5 anos, estaban traballando nun proxecto sobre "O UNIVERSO" e tiveron a sorte de contar con "Xavier Garrote", profe do instituto de Sada e ex-profe do noso cole, que é un gran experto no tema. Xavier ensinounos moitas cousas sobre os planetas e as estrelas e trouxo un programa de ordenador chamado"CARTAS DO CEO", un programa maravilloso, é como un telescopio co que se pode observar o ceo calquera día de calquer ano e no momento que nós desexemos. Os nenos estiveron entusiasmados contemplando os planetas, as estrelas, as constelacións, a lúa...

No hay comentarios: