sábado, 9 de febrero de 2008

Coplas de despedida do entroido

Coplas lidas e escritas con motivo do enterro da sardiña polo profesor Mario Novoa.

Remata o entroido do 2008
houbo troula e foliada
disfraces e choqueiros
comimos filloas larpeiras
carne de porco e grelos

Todos) Asi sexa, Aleluia

Bailamos, divertímonos
xogamos, correcamiños
de casa en casa
viva a choquirada

Todos) Asi sexa, Aleluia

A sardiña saltaba,
o rei do cole ría
o duende charlaba
as mandas se cumplian

Todos) Asi sexa, Aleluia

Os nenos e nenas
saían a rúa
disfraces de cores
e persoeiros.

Todos) Asi sexa, Aleluia

Crítica e máis críticas
na nosa sociedade:
comparsas, música, no carnaval
todo vale para disfrutar.

Todos) Asi sexa, Aleluia

Non chores miña nena
non chores meu neno
que outro ano virá
que a sardiña sonreirá

Todos) Asi sexa, Aleluia

Hoxe finaliza todo
ca queima do Meco
un saúdo os mestre
un saúdo os nenos.

Todos) Asi sexa, Aleluia

O fume purifica
os males do espirito
os males da carne
os animais do ceo.

Todos) Asi sexa, Aleluia

Ata sempre
adeus Entroido do 2008
moi ben o pasei
espero volver.

(Todos) Asi sexa, Aleluia

Viva o Entroido
viva o Meco
Viva o colexio de Mondego

Todos
Viva o Entroido
viva o Meco
Viva o colexio de Mondego

No hay comentarios: