miércoles, 2 de enero de 2008

Xoias de navegante:


Leo o que vexo é un Dicionario temático / visual en soporte dixital e impreso, para alumnos de E. Infantil e 1er ciclo de primaria, en castelán e inglés.
O obxectivo desta obra é facilitar a aprendizaxe do vocabulario e a comprensión lectora a alumnos de E. Infantil, Primeiro ciclo de primaria e, en especial, a aqueles que presenten dificultades de acceso á lingua española ou inglesa ( por minusvalía auditiva, descoñecemento do idioma ou outros problemas que dificulten o proceso de aprendizaxe).
Este proxecto foi elaborado polo grupo de traballo T.I.C. do C.P. O Sol.
Hai que destacar o carácter aberto deste traballo, xa que permite a posibilidade de:
- Actualizalo e amplialo gradualmente.
- Implicar as familias no proceso de aprendizaxe dos seus fillos( en especial, ás familias de alumnos xordos), coñecendo e practicando con eles o vocabulario traballado no colexio, accedendo á páxina web e descargando actividades.
- Crear unha base de datos (imaxes, actividades, etc....) que poida ser utilizada e ampliada.
O dicionario temático visual, está concibido para:
- Traballar co ordenador: Mediante presentacións PowerPoint e arquivos en formato PDF, do vocabulario de cada tema ou bloque.- Traballar en soporte papel: Mediante actividades e fichas para traballar cos alumnos. Os alumnos irán arquivando as súas fichas e creando o seu propio dicionario. Os profesores, pola súa banda, poden imprimir as imaxes, elaborando fichas por temas.
Na páxina web LEO O QUE VEXO pode atopar todos os temas e actividades para descargar. No apartado ACTIVIDADES, o usuario pode descargar as actividades propostas. Estas están almacenadas en arquivos comprimidos (zip) e en formato PDF. A páxina web ten unha versión en castelán e outra en inglés.

No hay comentarios: