sábado, 19 de enero de 2008

A meiga Paz


RockYou FXText

Cap II “Aquí están os 6 nenos: negros, brancos e amarelos”

Aquela noite a nai e a filla pasárona nunha fermosa árbore que habia nas aforas da cidade, pero como aquel non era lugar para meigas seguiron buscando ata atopar unha torre dunha igrexa.
A meiguiña seguía medrando, seguía desgustada polo que lle fixeran as outras meigas a súa nai un día díxolle a súa nai:
- Tes que comprender mamáiña que hai meigas boas e meigas malas, elas que sigan voando nas noites tenebrosas, nos voaremos nas noites de luar.

Unha noite de gran luar a meiguiña Paz, ía voando na súa vasoira contemplando a fermosura dos campos que chegou o abrente e escoitou o doce piar dos paxaros anunciando a saída do sol cando viu uns nenos que voaban preto dela. Os nenos asustáronse e berraban:
- Unha meiga!, unha meiga!, e fuxiron
Hasta que un día decidiron acercarse a ela e preguntaronlle:
- Vostede, é unha meiga?
- Sí, amiguiños meiga nacín e non podo deixar de selo, pero se que un é mais feliz facendo o ben que facendo o mal,... procuro ser unha meiga boa..o que pasa e que, non sei ser mala.
Dende aquel día os nenos foron amigos e voaban un anaquiño xuntos. Os nenos contáronlle que eles tiñan nacido nun niño dun raro paxaro que puxera ovos de distintas cores, por eso tiñan alas e voaban.
Paz regresaba pronto a casa, para non desgustar a súa nai. Unha mañanciña dona Quica, que xa era moi velliña, morreu. Paz chorou moito e estivo acompañada polos seus amigos.
Cando estaba máis triste, chegaron ó campanario, un par de cegoñas que colleron agarimo con Paz e vivían os tres en familia; cando as cegoñas saían a buscar comida meiguiña quedaba a vixiar o niño con tres cigoñiños.

Algo preocupaba a meiga, uns estoupidos que ouvía de cando en vez, A meiguiña pensaba que eran os cazadores e sentía mágoa polos animais.
Realmente a meiga Paz estaba preocupada por eses sons, e non a deixaban pegar o ollo tranquila.



No hay comentarios: