jueves, 17 de enero de 2008


RockYou FXText


A meiga. Fronte a lúa,
Foi feliz como ningunha


Pois, señor, dona Paz nacera meiga, pero ela non tiña a culpa . Dona Paz nacera nun campanario tenebroso, cheo de morcegos. De nena ensináronlle a voar nunha vasoira pequena, e a súa nai, que era unha famosa meiga chamada dona Quica díxolle un día a Paz:
- Ti sabes os nosos costumes, miña filla; non debes saír do campanario denantes da doce da noite.
- Está ben mamá: Xa sabes que eu sempre estou disposta a obedecerche.
A meiguiña endexamais saía antes de soar as doce badaladas, pois non lle gustaba moito o xenio que tiñan as compañeiras de dona Quica. De día quedábanse durmidas polos currunchos do campanario.
Os homes da cidade non as coñecían . Como as meigas voaban montadas nas súas vasoiras na noite pecha ninguén as ollara nunca.
A meiga Paz saíu unha noite na que a lúa estaba moi grande redonda e aquilo gustoulle tanto que foi a hora máis feliz da súa infancia.
As demais meigas do campanario dixéronlle a súa nai:
- Ten coidado coa filla, que gusta moito da luz da lúa, e as meigas temos que disfrutar da luz da escuridade.
Mamá Quica fala coa súa filla, é esta dille:
- Mamaíña, a min gústame moito a luz da lúa; por iso che pido que me deixes saír cando é grande e redonda.
A mamá de Paz, comprende que a súa filla ten razón.
Así foi, nas noites escuras, as doce meigas que vivían no campanario montaban na súa vasoira e saían voando dun xeito que arrepiaba oílas. Pero cando a lúa estaba chea, a meiguiña Paz, montaba na súa vasoira e gustaba de voar enriba a cidade e o campo.

A presidenta das meigas convoca unha xuntanza xeral, e díxolle a Quica:
- É intolerable o que pasa coa túa filla Paz, esa nena non parece meiga, nin o parecerá xamais.¡Debes de prohibirlle que saia nas noites de luar.
- Coido que a miña filla non fai mal a ninguén con saír as doce a ollar a lúa.
- Iso non se pode consentir- escamou a presidenta- Fora de aquí.
As outras meigas estiveron de acordo e Quica e a meiguiña Paz, recolleron as súas cousas e saíron voando nas súas vasoiras.

No hay comentarios: