jueves, 27 de noviembre de 2008

O outono e os seus froitos

Xa rematado as actividades de outono, aqui queda unha lembranza do que vivimos na nosa comunidade

Otoño
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: otoño actividades)

domingo, 23 de noviembre de 2008

A FERMOSURA DAS MATEMÁTICAS

O libro da natureza está escrito con carácteres matemáticos. (Galileo)
Un magnífico video sobre a matemática, a xeometría, o estudio de planos, ángulos e sólidos.
A xeometría da vida, a suciesión de Fibonacci, o ciclo de crecimiento das follas ...

sábado, 8 de noviembre de 2008

APRENDER A LEER

Un pequeno vídeo para os primeiros lectores que se achegan ó noso espazo

domingo, 2 de noviembre de 2008

XOGANDO COA XEOGRAFÍA

Un mapa con efecto zoom e posibilidade de arrastrar

viernes, 31 de octubre de 2008

A GALIÑA DEBAIXO DO CASTIÑEIRO

Unha vez era unha galiña que estaba debaixo dun castiñeiro, e caeulle un ourizo na cacholiña. Comezou a correr, e topouse co galo.

-¡Marche de aí, don Galo!, que cae o mundo a anacos.
-¿Quén cho dixo, dona Galiña?
-¡Caeume na miña cacholiña!.
E marchou

Chegou onde a lebre, e díxolle:
-¡Marche de aí, dona Lebre!,que cae o mundo a anacos.
-¿Quén cho dixo, dona Galiña?
-¡Caeume na miña cacholiña!.
E Marchou,

Chegou onde a raposa:
-¡Marche de aí, dona Raposa!,que cae o mundo a anacos.
-¿Quén cho dixo, dona Galiña?
-¡Caeume na miña cacholiña!.
-¡Si cae o mundo a anacos, eu quero ir ben fartiña! .
E papou a faladora galiña..
(Conto popular)

sábado, 25 de octubre de 2008

Dia das bibliotecas escolares

O pasado 24 de Outubro foi o día das Bibliotecas Escolares. Aproveitamos a ocasión para inaugurar o "Buzón de Suxestíóns" que esperamos sirva para mellorar e ofrecervos o material que podades desexar na nosa biblio.
Tamén realizamos unha sesión informativa de Formación de Usuarios esperando que coñecézades mellor o funcionamento da nosa "Biblio".

miércoles, 22 de octubre de 2008

Imos o Teatro

O día 15 de outubro asistimos na casa da cultura do concello de Dada a un espectáculo representado pola compañia "Angeles de Trapo" con título "El espíritu del Cid" . Realizado con técnica de luvas.
Nun teatriño xiratorio , en forma de tenda medieval con mais dunha docena de títeres levounos a través do "Cantar de Mio Cid". Comenzamos coñecendo o rey Alfonso VI,e a través de distintos escenarios achegámonos a vida de Rodrigo Díaz de Vivar,coñecido polo CID.

sábado, 11 de octubre de 2008

Mochilas Viaxeiras

Xa saen da nosa biblioteca as mochilas viaxeiras deste curso. Desexamos que sexan do voso agrado e que disfrutedes con elas na familia en familia.
Cada mochila leva incorporado, 4 documentos librarios, un DVD e dous cuadernos: O caderno de Maxín no que podedes escribir o que pensades do material que vai na mochila (se o considerades adecuado ou suxerir futuras incorporacións ....) e o Caderno viaxeiro no que se vos pide que deixedes unha pegada da vosa creatividade.
Esperamos que disfrutedes, e deixedes algo da vosa creatividade.
Aquí podedes ver o material que temos seleccionadado para tódalas mochilas. Lembrade que podedes disfrutar delas durante unha semana.
¡Felices lecturas familiares!.

Os obxectivos que perseguimos con esta actividade son:

Concienciar ás familias do importante papel que desempeña no fomento da lectura.
Coñecer diversos tipos de libros (informativos, de ficción, álbumes,cómics, etc)
Recoñecer a situación de desigualdade que se vive dependendo do país ou época na que se vive, incluindo o dereito á educación.
Mellorar o hábito lector no alumnado do noso centro.

jueves, 19 de junio de 2008

As telleiras



O CEIP “PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA”DE SADA estivo a traballar no presente curso nun proxecto de recuperación das antigas telleiras de Sada, organizado polo CEIDA e asesorados por Mamen.
O Equipo de traballo, que representaba ao centro, estivo composto polas seguintes persoas:
- Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria:
Sandra Carreiras, Amalia Álvarez, Sara Gómez, Candela Conde, Andrea Mayor, Manuel J. Couce, Marcos Rutolo, Itziar García, Zoe Santiso, Lara García, Martín Gutiérrez, Miguel Paz, Jon Ander Tomé, Xavier Queijeiro, Pablo Gómez, Héctor Franco, Eva Dorado , Catalina Álvarez , Daniel Cid e Jacobo Fiaño.
-Os profesores e profesoras:
Antonia Presas, Antonio R. Vicente e Mª Jesús Cea
-A ANPA do colexio,colaboradora nas actividades realizadas.

martes, 17 de junio de 2008

Festa da entrega de premios

Temos celebrado un acto no que se premiaron os traballos seleccionados no concurso literario e gráfico e plástico convocado con motivo do día das Letras Galegas. A presentación do mesmo correu a cargo de Toñuca.
Podedes ver mais fotografias de ese acto.



martes, 10 de junio de 2008

A nosa revista escolar

Pois aqui está xa montadiña e nos vindeiros días nas vosas máns.

viernes, 6 de junio de 2008

Festa do Deporte

O día 6 celebramos a Festa do Deporte, pasámolo estupendamente, facendo carreiras e xogando o fútbol os profesores e alumnos
Podedes atopar máis fotografías

sábado, 31 de mayo de 2008

Mariah Carey canta al libro



Maria Carey canta en español al libro

domingo, 25 de mayo de 2008

Aprendemos a cociñar

Os alumnos de infantli laboramos un sabroso, nutritivo e colorida receita de cociña que queremos compartir con vos.

miércoles, 21 de mayo de 2008

Presentación do libro " A festa do Samaín"

Conto creado polos alumnos de Educación Infatil do noso colexio con motivo da festa tradicional, presentado na nosa comunidade escolar o día 23 de abril con motivo da celebración do día do libro.

Unha pantasma con asma.

Unha pantasma con asma, que nin asusta nin pasma. Está pálida e escuálida por non ter un cálido fogar. Godofredo, matasáns de oficio, ten que ir na Noiteboa a un pazo onde vive unha pantasma que ten asma, pero, cando o examina sabe de que en realidade o que lle pasa a pantasma non ten nada que ver coa asma, nin con ningún catarro normal.

Un conto realmente fantástico, a historia dunha pantasma triste que sufre de Soedade.
Transmite a tenrura e ensina valores elementais e necesarios como o amor e amizade.

domingo, 18 de mayo de 2008

A biblioteca o corazón da escola

Presentación elaborada e presentada por Alicia na nosa sesión formación do profesorado. Recolle a filosofía na que se asenta a nosa biblioteca.

Día das letras Galegas




Para celebrar o día das letras galegas convocamos un concurso de poesías, contos, banda deseñada e murais decorativos. Celebramos un acto conxunto no que cantamos, recitamos poesías e representamos obras de teatro

Día das letras Galegas

sábado, 17 de mayo de 2008

Día das Letras Galegas. Xosé María Álvarez Blázquez 2008

Día das Letras Galegas. Xosé María Álvarez Blázquez 2008

jueves, 10 de abril de 2008

Celebración do día do libro infantil




Con motivo da celebración do día do libro infantil e xuvenil o colexio organizou unha serie de actividades para os alumnos/as da Etapa de EDUCACIÓN INFANTIL:
1- Inaguración oficial do TREN DE MAXÍN: o tren realizado polos pais colaboradores da biblioteca escolar( Miguel e Alicia) , ten como misión cos libros desa etapa educativa viaxen dende a biblioteca ás aulas para cos nenos : lean ,miren e traballen na clase, axudando co elo ó desenrolo do seu maxín .
2- Proxección e lectura da vida e libros de ANDERSEN na biblioteca do centro , con motivo da celebración do nacemento do escritor.
3- Proxección dunha película dun conto de ANDERSEN. Cada grupo de alumnos: 5, 4 e 3 anos escolleu un conto diferente para ver: a sereniña, o parrulo feo.....
4- O remate da proxección os alumnos levaron o “TREN DE MAXIN”, cheo de libros de ANDERSEN e doutros contos clásicos, para as súas aulas.
Tódalas actividades tiveron moito éxito e os máis pequenos do colexio disfrutaron con todas elas a vez que aprenderon algo sobre o gran escritor de libros para nenos.
Este tipo de actividades realizase gracias ó traballo do equipo de bibliotecas, a colaboración do profesorado de infantil, e a indiscutible dos pais Miguel e Alicia, que asistiron a estas actividades dos máis pequenos.

viernes, 28 de marzo de 2008

Día do libro infantil




2 DE ABRIL
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Esta é a data elexida para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen, con tal motivo no colexio ímolo celebrar lendo algúns contos de este autor que temos na nosa biblioteca escolar.



video

domingo, 23 de marzo de 2008

animación a lectura

viernes, 21 de marzo de 2008

O libro

video

É ler unha aventura. Si, como as películas do cinema, como as historias do teatro, como os sonos... En cada letra pode agacharse un ladrón que rouba para os pobres. En cada letra pode durmir unha doncela que espera montarse nun dragón e darlle oitenta voltas ao planeta. En cada letra pode cabalgar un indio que busca regresar á súa tenda para contarlle ao seu avó como os bisontes encheron a pradaría. En cada letra pode unha espía resolver o enigma máis misterioso do mundo. En cada letra pode pasar tantas cousas...

E en cada cousa ti podes xogar a ser a espía, o indio, a doncela... ou o dragón, o heroe. Porque é ler unha aventura... e un xogo. Xogar a descubrir o por que dunha alegría ou dunha tristura. Xogar a coñecer como os problemas que parecen imposibles de resolver, de pronto resólvense. Xogar a compartir o que liches, e porque o liches, tamén o soñaches, o representaches na túa mente e o gravaches na túa memoria.

Porque xogar a ler é xogar a coñecerse a un mesmo e aos demais, é xogar a ser un mesmo e outro ao mesmo tempo, é poñerse nos zapatos de tantos personaxes, que é... como viaxar. Viaxar por distintos países e paisaxes, por distintos transportes e camiños, por distintos desexos e miradas. Ler, xogar, aventurarse en cada trazo de cada letra. ¿Que hai detrás da última a da palabra "mañá"? ¿Que asoma xunto a esa e grega? Porque sen letras non hai palabras que ler nun libro. As letras, si, esas letras que dende que aprendemos os vogais no colexio, pouco a pouco e a través dos anos nos van debullando as cousas da vida

domingo, 16 de marzo de 2008

Educar

miércoles, 12 de marzo de 2008

Miramos o ceo

Os nenos de educación infantil de 5 anos, estaban traballando nun proxecto sobre "O UNIVERSO" e tiveron a sorte de contar con "Xavier Garrote", profe do instituto de Sada e ex-profe do noso cole, que é un gran experto no tema. Xavier ensinounos moitas cousas sobre os planetas e as estrelas e trouxo un programa de ordenador chamado"CARTAS DO CEO", un programa maravilloso, é como un telescopio co que se pode observar o ceo calquera día de calquer ano e no momento que nós desexemos. Os nenos estiveron entusiasmados contemplando os planetas, as estrelas, as constelacións, a lúa...

viernes, 7 de marzo de 2008

Sesión de contacontos



8 de marzo día da muller traballadora.
Contos e literatura infantil sno sexista un reto na casa.
Como calquera outro tipo de litertura, o conto transmite unha determinada visión do mundo. Por simples que parezan os contos comunican unha determida forma de vida. Nenas e nenos identifícanse cas e cos personaxes e as situacións que reflicten esas literaturas infantís. Cando adquirimos contos deberíamos ter en conta:

* Que on número de personaxes femininos e masculinos sexan equilibrados en imaxes, títulos e portagonismo.
* Se a linguaxe que utiliza reproduce expresións e modos sexistas ou estereotipados.
* Que modelos feminios e masculinos preséntanos nos personaxes.

Hoxe tivemos unha sesión de contacontos na nosa biblioteca, 0rganizada pola Consellería de Educación e familia do noso Concello.

Os contos non sexistas realizados foron:
* Arturo e Clementina . Adela Turín. Ed. Lumen
* Rosa Caramelo. Adela Turín e Nelia Bosnia. Ed. Lumen
* Niños valientes. Manuela Olten.Ed. Serres.
* Memorias de una gallina. López Nárvaez Concha. Ed. Anaya
* Seis ratones y seis lechuzas. Khate Recheis. Ed. Alfaguara
* O nacemento de Nunavut. X. Abeleira. Ed. Xerais de Galicia
* Unha tarde no parque . L. López . Ed. Baía
* Eu vivo en dúas casas. M.A.Meabe. E. Galaxia

miércoles, 20 de febrero de 2008

Mochilas Viaxeiras

Material elaborado polo equipo de Biblioteca para incorporar as mochilas viaxeiras
Inclue as tres mochilas, unha para cada cor das que configuran a orientacion lectora dos nosos rapaces.

jueves, 14 de febrero de 2008

Electroduende - No dejes de ver este video, cambiará tu vida... y la de tus hijos también

Electroduende - No dejes de ver este video, cambiará tu vida... y la de tus hijos también

sábado, 9 de febrero de 2008

Experimentando con Issu

Coplas de despedida do entroido

Coplas lidas e escritas con motivo do enterro da sardiña polo profesor Mario Novoa.

Remata o entroido do 2008
houbo troula e foliada
disfraces e choqueiros
comimos filloas larpeiras
carne de porco e grelos

Todos) Asi sexa, Aleluia

Bailamos, divertímonos
xogamos, correcamiños
de casa en casa
viva a choquirada

Todos) Asi sexa, Aleluia

A sardiña saltaba,
o rei do cole ría
o duende charlaba
as mandas se cumplian

Todos) Asi sexa, Aleluia

Os nenos e nenas
saían a rúa
disfraces de cores
e persoeiros.

Todos) Asi sexa, Aleluia

Crítica e máis críticas
na nosa sociedade:
comparsas, música, no carnaval
todo vale para disfrutar.

Todos) Asi sexa, Aleluia

Non chores miña nena
non chores meu neno
que outro ano virá
que a sardiña sonreirá

Todos) Asi sexa, Aleluia

Hoxe finaliza todo
ca queima do Meco
un saúdo os mestre
un saúdo os nenos.

Todos) Asi sexa, Aleluia

O fume purifica
os males do espirito
os males da carne
os animais do ceo.

Todos) Asi sexa, Aleluia

Ata sempre
adeus Entroido do 2008
moi ben o pasei
espero volver.

(Todos) Asi sexa, Aleluia

Viva o Entroido
viva o Meco
Viva o colexio de Mondego

Todos
Viva o Entroido
viva o Meco
Viva o colexio de Mondego

domingo, 3 de febrero de 2008

IMITACIÓN

video

Non todos os comportamentos humanos son froito do que sucede inmediatamente antes ou despois de emitir a conduta en cuestión. Unha gran parte deles ten unha orixe distinta. Pode bastar con que este observe o comportamento doutras persoas e reprodúzao e imíteo. A imitación é un dos motores esenciais da aprendizaxe humana, que sempre é consecuencia de algún tipo de imitación.
Para imitar, hai que aprender a imitar. Non é ningún xogo de palabras; non nacemos sabendo imitar. É unha adquisición eminentemente social.

sábado, 2 de febrero de 2008

Celebramos o Entroido