martes 6 de marzo de 2012

8 de marzo día da muller


O Día Internacional da Muller conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
Na nosa biblioteca temos feito unha exposición na que a protagonista é a muller.

domingo 4 de marzo de 2012

A nosa creatividade

Os nenos de segundo despois de ler un conto que leva por título: "Un animal soñado" de Kakfa. Creamos unha colección de animais imaxinados e esto foi o resultado que obtivemos.

Lembranza da festa


Todavía disfrutamos coa lembranza de días tan fermosos
no que por uns momentos transformámonos en "supermans"
raiñas, princesas, fadas, meigos, zombis....
Deica o ano que ven Señor Entroido!

miércoles 8 de febrero de 2012

O ENTROIDO


Este ano na nosa comunidade centramos o tema do ENTROIDO, nas súas celebracións na Nosa Terra.
O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos .
peliqueiro de antroido
Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).

Aquí podedes atopar unha recopilación de máscaras materias para decorar o noso entroido

O entroido na nosa bisbarra é un traballo realizado polo ENDL da nosa comunidade escolar:






















Outra inteseante publicación para consultar datos sobre o entroido:

E un pequeno diccionario para non perderse nada destas datas.


sábado 4 de febrero de 2012

Convivencia escolar

O departamento de Orientación e a comisión de Convivencia Escolar teñen editada unha guía sobre o maltrato, como detectalo e como actuar.

jueves 2 de febrero de 2012

Paz, Celebracións

Video recordatorio das actividades realizadas no noso centro para unir as nosas pregarias pola PAZ no mundo.
Reflexionamos sobre para que precisamos a paz, cando vivimos en Paz, fixemos unha pequena homenaxe a Isaac Diaz Pardo, cantamos xuntos, aprendemos a seleccionar xoguetes...... Libros, poesías e palabras.

.

miércoles 25 de enero de 2012

30 de xaneiro

Estamos a preparar o día da Paz, e este é parte do material que temos seleccionado para reflexionar sobre ese tema.
Vision e reflexión sobre a película Le Ballon Rouge, 1956 - Albert Lamorisse
.
Realizamos unha exposición na nosa biblioteca de fondo documental con materias sobre a PAZ, Fixemos murais nos corredores e cantamos cancións xuntos.

martes 20 de diciembre de 2011

Suxestión de lecturas

Aproveitando estas festas entrañables e familiares o equipo da biblioteca e de Normalización desexamos lembrarvos que o mellor agasallo é aquel que vos invita a viaxar na compaña do voso maxín por países lonxanos, realidades cotidías, mundos fantásticos, ilusorios, sorprendentes e prodixiosos; embarcados no mundo enfeiticeiro das palabras.
Presentación1

martes 13 de diciembre de 2011

sábado 10 de diciembre de 2011

Día dos dereitos humanos


O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos .
Para a celebración desta efemérides no noso centro fixemos:
  • Unha investigación sobre os dereitos e deberes que temos.
  • Investigamos como está a situación no mundo actual do cumprimento destes dereitos.
  • Fixemos unha exposición bibliográfica sobre o fondo documental que nos permite afondar sobre o tema.